Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Preto de 1.200 escolares coñecen ata xuño o museo do Castro de Viladonga a través do seu programa de visitas didácticas
Nesta iniciativa da Xunta participan máis de 20 centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria, que desenvolven percorridos guiados polo xacemento e o espazo museístico complementados con obradoiros de tecidos, olaría, numismática ou arqueoloxía
A Xunta destina máis de 60.000 € ás axudas para as asociacións de nais e pais de centros de educación especial
Poderán sufragar as súas actividades, gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións
A Xunta fomenta os novos perfís dixitais e impulsa novas iniciativas dirixidas á infancia e a adolescencia con 20 novas actividades do Plan Digitalent
De abril a xuño a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon en marcha novas actuacións para a infancia e a mocidade
A Xunta impulsará o vindeiro curso un novo ciclo de FP básica dual de cociña e restauración en Sanxenxo para favorecer a empregabilidade da mocidade
A parte teórica impartirase no instituto de Vilalonga, mentres que o Concello adaptará espazos do antigo colexio O Cruceiro para situar neles os talleres
A Xunta aumenta nun 47% o apoio ás familias para o acceso a libros de texto e material escolar o vindeiro curso
Feijóo avanza que se pasará dos 17,4 M€ deste curso aos 25,6 M€ no 22/23
Sete colexios e 500 alumnos da área de Vigo coñecen o patrimonio do Camiño co programa “Vexo Veo Xacobeo”
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, e o director do CEIP Escultor Acuña, Juan Antonio Graña, acompañaron hoxe ao alumnado de etapa infantil na iniciativa educativa do colexio vigués
A Xunta aposta polo diálogo e a análise rigorosa das dinámicas de futuro para artellar unha zonificación escolar en Vigo con vocación de continuidade
Jesús A. Bértolo explicou que a evolución demográfica, as distribución poboacional, os desenvolvementos urbanísticos e a implantación das novas modalidades de Bacharelato son elementos a ter en conta nesta planificación de futuro, polo que non se pode establecer un calendario concreto e pechado
Román Rodríguez pon aos alumnos do Máster de FP Panadaría e Bolaría do CIFP Paseo das Pontes como exemplo de calidade da FP galega
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participou no acto de fin curso, onde os rapaces amosaron as súas destrezas a través de distintas elaboracións
O cociñeiro Xoán Crujeiras achega ao alumnado do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra os produtos de Galicia Calidade
A quinta cita da Aula Gastronómica Galicia Calidade consistiu nun showcooking do chef do Restaurante Bido (A Coruña) ante unha vintena de estudantes
Galicia reforzará os contidos humanistas nos currículos educativos coa incorporación da historia anterior a 1812 en bacharelato
Román Rodríguez destaca a importancia de formar “cidadáns libres, críticos e analistas” fronte á cultura do “tanto dá e do facilismo” que promove o Goberno do Estado