Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Economía:

03/02/20 | 16:17 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Deputación da Coruña abordan vías de cooperación para axudar aos concellos a cumprir as súas competencias sobre incendios forestais

Ambos responsables avaliaron, xunto co director xeral de Defensa do Monte, iniciativas coma o convenio entre o Goberno galego, a Fegamp e Seaga para a xestión da biomasa preto das vivendas ou a figura das aldeas modelo

03/02/20 | 12:56

Medio Ambiente habilitará en 2020 máis de 5 millóns de euros para actuacións de conservación nos espazos naturais de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que o Goberno galego establece distintas ordes de axudas para levar a cabo iniciativas nos parques naturais, no nacional e na Rede Natura 2000

29/01/20 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará a vindeira semana a limpeza de seis quilómetros de ríos en nove parroquias do municipio de Viveiro

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que Augas de Galicia actuará no Landro, Trasposta, Loureiro, As Nogueiras e Loiba, coa previsión de que os traballos estean rematados a finais de febreiro

28/01/20 | 11:12

O novo decreto de Inspección ambiental de Galicia entrará en vigor o 17 de febreiro co fin de modernizar e mellorar o servizo

Despois de máis de 20 anos de vixencia do actual marco normativo, o documento completa, unifica e actualiza o exercicio desta función na comunidade autónoma

27/01/20 | 10:43 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 13 millóns de euros en axudas para accións silvícolas de prevención e para o incremento do valor ecolóxico dos montes galegos

As achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), divídense en dúas liñas dotadas con nove e catro millóns de euros respectivamente

23/01/20 | 13:13

Medio Ambiente mobilizará este ano un millón de euros para erradicar uns 150 puntos de vertido incontrolado en toda Galicia

As actuacións a executar enmárcanse dentro dunha campaña continuada da Xunta para axudar aos concellos no cumprimento das súas competencias en materia de residuos urbanos e contribuír a eliminar este tipo de focos de contaminación

18/01/20 | 11:11

Galicia acolle un encontro para analizar o futuro da frota oceanográfica europea e o seu labor de apoio á ciencia

A xornada está organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar e polo European Marine Board e celébrase o próximo día 23 en Vigo

17/01/20 | 11:15

Medio Ambiente abre o período de consulta pública da primeira Lei de protección e avaliación ambiental de plans, programas e proxectos

O Portal de Transparencia da Xunta publica a documentación relativa a esta nova lei que se pretende tramitar para compatiblilizar a protección ambiental e as actividades económicas

14/01/20 | 18:40

Medio Ambiente e A Capela colaboran na apertura dun novo centro de recepción de visitantes no Parque Natural das Fragas do Eume

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde da Capela asinan un protocolo de colaboración que permitirá abrir un novo punto informativo e divulgativo no lugar da Estoxa