Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

29/11/21 | 18:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola gastronomía no Camiño como un atractivo máis para camiñar a Galicia

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asistiu ao acto central do programa “Ecociña no Camiño”, deseñado para dar a coñecer a peregrinos e turistas a oferta da hostalería galega nas rutas xacobeas

29/11/21 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta estendeu a actividade sociocultural do Ano Santo e do Camiño a toda a provincia de Pontevedra con 156 proxectos do programa 'O teu Xacobeo'

O delegado territorial, Luis López, e a comisaria do Xacobeo 21-22, Cecilia Pereira, destacan a transversalidade da iniciativa, que chegou a 200 concellos de toda Galicia e 50 da provincia nas súas dúas primeiras edicións

25/11/21 | 20:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón desenvolver o Camiño Mozárabe - Vía da Prata con fondos europeos e no ámbito nacional

Representantes turísticos de Galicia, Andalucía, Estremadura e Castela e León participaron no Encontro de Comunidades Autónomas do Camiño de Santiago pola Vía da Prata que se celebra hoxe e mañá en Sevilla

25/11/21 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Vigo convértese da man do Xacobeo 21-22 no epicentro da maxia a nivel mundial cos mellores artistas nacionais e internacionais no Teatro Salesianos

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o coordinador e director artístico Roberto Lolo, presentaron hoxe a I Gala Internacional de Maxia Xacobeo 21-22 que se celebrará o vindeiro 6 de decembro na cidade viguesa

24/11/21 | 13:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez ve a moeda conmemorativa do Xacobeo 21-22 como un símbolo do intercambio que representa o Camiño

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participa na presentación da peza acuñada pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre

21/11/21 | 10:25 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.507 casos activos por coronavirus

Un total de 180.913 pacientes xa están curados

20/11/21 | 18:01 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada a disposición de Galicia a contribuír ao progreso de Ceuta en sectores clave para o seu desenvolvemento económico e de xeración de emprego

“Poñémonos a disposición de Ceuta; e unha vez que teñamos concretadas as datas para visitar Galicia temos que fixar unha axenda económica cos sectores que sinalemos”, precisa

19/11/21 | 21:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta o Xacobeo 21-22 en Asturias e invita os asturianos a camiñar a Galicia no Ano Santo

O vicepresidente primeiro recordou en Oviedo o tradicional vencello de Asturias co Camiño de Santiago e salientou a oportunidade do Ano Santo para a recuperación turística de todas as CCAA polas que atravesan as rutas xacobeas

17/11/21 | 19:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o alto grao de cumprimento do Plan Director do Camiño 2015-2021 a pesares da pandemia

A directora de Turismo de Galicia compareceu diante do Parlamento para dar conta do balance de actuacións levadas adiante no marco deste plan director, a primeira folla de ruta creada pola Xunta para a preparación deste Xacobeo