Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O DOG convoca as axudas para a execución de accións de mellora e conservación en espazos da Rede Natura 2000
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe a Orde que regula estas axudas que suman un importe de 2,4 millóns de euros para as vindeiras dúas anualidades
Medio Ambiente publica a orde pola que se declaran de forma provisional as Brañas de Sada espazo natural de interese local
O Concello, como promotor da iniciativa e responsable da súa futura xestión, terá agora dous anos para presentar o plan de conservación correspondente, un requisito imprescindible para poder obter a declaración definitiva como ENIL
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Bouzós ao seu paso polo Concello de Cangas
Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nun tramo deste río no seu percorrido polo lugar de Xistro, e dan continuidade ás tarefas realizadas na mesma parroquia de Coiro (San Salvador), no lugar de Piñeiro
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos tramos interurbanos de nove ríos ao seu paso polo Concello de Muros
Os traballos de mantemento están a desenvolverse a cabo en distintos treitos do rego da Horta, Queimado, rego San Xoán, Valdexeira, rego das Covas, regato da Covela, Solleiros, río Maior e rego de Cernadas
O Instituto Galego de Formación en Acuicultura acolle ao exemplar de lobo mariño cinsento 'Silbur' para a súa recuperación
A súa estadía nas instalacións do centro dependente da Consellería do Mar durará unhas semanas antes de ser embarcado para a súa liberación en alta mar
A Xunta de Galicia destina case tres millóns de euros a axudas para previr e paliar os danos provocados polo xabaril e lobo
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as ordes polas que se convocan estas tres liñas de actuación, que no seu conxunto duplican o seu orzamento respecto da anterior convocatoria
Medio Rural e o Concello de Avión estudan a posibilidade de crear unha aldea modelo neste municipio ourensán
O conselleiro, José González, recibiu ao alcalde, Antonio Montero, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos seus veciños en relación co agro
A Xunta lembra que todos os concellos galegos sumados ao convenio de protección das aldeas poden limpar parte das súas faixas secundarias con cargo ao acordo
José González sinalou que este mes enviarán a todos os municipios adheridos as novidades da nova addenda ao convenio, entre as que se atopa a limpeza de ata 5 hectáreas de superficie e unha rebaixa dos trámites administrativos
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Miñor, na contorna do coto de pesca de Gondomar
Estes traballos realízanse no marco das actuacións de mantemento da estación de aforo de Ponte Mañufe, que permite rexistrar en tempo real o caudal deste río