Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

16/12/21 | 15:51

A Xunta traballa para garantir unha explotación sustentable de mexilla e percebe e mantén a vontade de diálogo cos bateeiros na busca de acordos

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica lembrou que onte mesmo se mantivo unha reunión cos representantes das principais asociacións de produtores de mexillón aos que se lle propuxo estudar as alegacións presentadas á orde que delimita as zonas de extracción de mexilla e avaliar a posibilidade de flexibilizar as zonas acoutadas

16/12/21 | 12:03

O recorte de cotas de pesca fixado en Bruxelas para 2022 terá un impacto de máis de 16 millóns de euros na economía galega

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica explicou que ese posible impacto da rebaixa das posibilidades de captura para o ano que vén, que afecta tanto ao sector como a outras ramas de actividade da comunidade, se engade aos arredor de 26 millóns estimados cos recortes xa aplicados este ano 2021

16/12/21 | 11:54

A Xunta destina máis de 80.000 euros aos estudos previos para a remodelación das instalacións portuarias de Santa Cristina de Cobres

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, informou ao alcalde de Vilaboa das previsións de actuación do seu departamento no municipio

14/12/21 | 12:20

Galicia considera escasas e moi limitadas as melloras acadadas no acordo de posibilidades de pesca para o próximo ano

A conselleira do Mar lamentou que unicamente se logrou suavizar algunha das propostas de recortes e a estabilidade en recursos complementarios ou accesorios e desaprobou que España votase a favor do acordo xeral rexeitando unicamente as medidas para augas do Mediterráneo

13/12/21 | 17:50

Galicia anima ao consumo de produtos do mar como unha opción saudable, sustentable e respectuosa co medio ambiente

A conselleira do Mar salienta os importantes valores nutricionais dos peixes e mariscos e que a súa pegada de carbono é das máis baixas entre os produtos dispoñibles nos mercados

11/12/21 | 12:41

Galicia e distintos expertos europeos debaterán sobre a xestión ambiental da pesca e a posta en valor do peixe como un alimento con baixa pegada de carbono

A conselleira do Mar participará desde Bruxelas neste evento virtual que se celebrará o vindeiro luns 13 de decembro a partir das 15,00 horas e que coincidirá co Consello de Ministros de Pesca da UE, no que a Xunta seguirá as negociacións sobre as posibilidades de pesca para o 2022

10/12/21 | 15:41

A Xunta volve tender a man ao sector para dialogar e avanzar nas propostas de explotación da mexilla e poder garantir o seu futuro

O Executivo galego convocou aos representantes das organizacións mexilloeiras a unha xuntanza o vindeiro mércores coa finalidade de avanzar no deseño responsable da fórmula máis axeitada para o desenvolvemento da actividade

10/12/21 | 14:36

A tempada de pesca fluvial de 2022 comezará en Galicia o vindeiro 20 de marzo e estenderase ata o 31 de xullo

As cotas de captura e os períodos hábiles establecidos para cada especie recollen as propostas realizadas polos consellos provinciais de pesca

09/12/21 | 18:17

Galicia entrega argumentos ao Goberno central para defender melloras nunha proposta de cotas para 2022 que pon en risco case 400 empregos na comunidade

O Executivo galego xa remitiu ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e ao Goberno andaluz un informe elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela que calcula o impacto socioeconómico que terían na frota galega os recortes das posibilidades de captura suxeridos para a pescada, o xurelo e o peixe sapo

08/12/21 | 12:12

A Xunta amplía a máis de 6 M€ as axudas para compensar á industria transformadora de produtos do mar polas perdas de ingresos en 2020 pola covid-19

O crédito inicial amplíase en case 2,2 millóns de euros coa finalidade de atender as solicitudes presentadas e compensar as caídas na facturación rexistradas polo sector entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro do ano pasado