Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O 061 de Galicia asistiu a 60 persoas por 45 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 17 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 19 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico
Fernández-Tapias e Luis López destacan a importante contribución do Pesca 1 ao control e salvamento no litoral sur de Galicia
A delegada territorial da Xunta en Vigo e o seu homólogo pontevedrés visitaron as instalacións da Consellería do Mar en Peinador, base do helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia
A Xunta destaca que o novo servizo municipal de emerxencias de Noia permite mellorar a eficacia nas intervencións da zona
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos 12 efectivos deste servizo que atende as incidencias dos concellos de Noia, Lousame e Porto do Son
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21,15 h de hoxe
Extinguido o incendio rexistrado na parroquia de Nogueira, concello de Ribas de Sil, que afectou unha superficie de 140 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h de hoxe
Á espera de novas medicións coa luz do día, a superficie afectada polo lume de Ribas de Sil-Ribas de Sil, que tamén afecta os concellos de Quiroga e A Pobra do Brollón, supera as 900 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,00 h de hoxe
Segue decretada a Situación 2 como medida preventiva no lume de Ribas de Sil, parroquia homónima, por proximidade do lume ao núcleo de Rairos
Solicitada como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo no municipio lugués de Ribas de Sil, parroquia homónima
Esta situación operativa decrétase pola proximidade do lume, que afecta provisionalmente unhas 80 hectáreas, ao núcleo de Rairos
A colaboración entre Gardacostas e a Policía Autonómica na loita contra o furtivismo permitiu a incautación de máis de 260.000 útiles na última década
Esta suma de esforzos tamén posibilitou o comiso de máis 1,3 millóns de quilos de distintas especies de peixe e marisco entre os anos 2010 e 2020
O 061 de Galicia asistiu a 85 persoas por 54 accidentes de circulación durante a fin de semana da Operación Retorno do verán
Desde as 15,00 horas do venres, 27 de agosto ata as 23,59 horas do domingo, 29 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 67 chamadas por accidentes de tráfico