Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta recibe dezanove ofertas para executar as obras de mellora do abastecemento de auga ás parroquias estradenses de Tabeirós e de Nigoi, que suporán un investimento de 715.000 €
Os traballos, que contan cun prazo de execución de 10 meses, prevense iniciar a finais deste mesmo ano co obxectivo de culminalos en 2022
A Xunta investirá 120.000 € no polígono industrial de Val do Dubra para a construción dunha planta de depuración de augas residuais
Esta actuación inclúese dentro da orde de axudas para a mellora dos parques empresariais que ten por obxectivo potenciar a competitividade das empresas
A información xeorreferenciada dos borradores dos novos plans hidrolóxico e de xestión de riscos de inundación da Demarcación Galicia-Costa xa está dispoñible na páxina web de Augas de Galicia
Trátase de información da actualización do Plan Hidrolóxico para o ciclo 2021-2027, que se atopa en fase de consulta pública
A Xunta recibe 8 ofertas para inventariar as infraestruturas das 170 áreas fluviais con maior risco de inundación da demarcación Galicia-Costa, cun investimento de case 1,3 M€
Das ofertas presentadas, 5 están conformadas por UTE, o que supón un total de 13 empresas
A Xunta asina co Concello de Outes o convenio de colaboración para executar as obras de mellora do sistema de saneamento, que suporá un investimento de máis de 325.000 euros
O Goberno galego achegará un investimento de máis de 108.000 euros para adaptar a depuradora ás necesidades dos veciños de Outes
A Xunta asina a acta de replanteo para o inicio das obras do emisario submarino de Praceres, que mellorará a depuración de augas residuais da ría de Pontevedra cun investimento de 12 M€
O delegado territorial, Luis López, e o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, asisten ao acto que marca o comezo efectivo da actuación, que se prolongará durante doce meses e outros doce para a posta en marcha
A Xunta e o Concello de Friol selan a colaboración para dotar de saneamento o núcleo de Roimil cun investimento de máis de 280.000 euros
Estenderase a rede de saneamento e depuración de augas residuais aos lugares do Campo da Feira, O Pazo, Currás e A Penagateira, dando servizo a 20 vivendas e con capacidade de depuración para 200 habitantes
Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras que completarán a rede de saneamento na parroquia de Pereiras, en Mos, cun investimento de 430.000 euros
O contrato, cun prazo de 4 meses, enmárcase na colaboración da Xunta co Concello para realizar as obras pendentes no norte e en parte do sur da parroquia
A Xunta adxudica por preto de 700.000 € os servizos para a elaboración de plans municipais de abastecemento autónomo nos concellos galegos de menos de 5.000 habitantes
Trátase de dotar ás entidades locais de información sobre o nivel de garantía do abastecemento de auga potable á súa poboación e dun instrumento de planificación para a mellora da prestación deste servicio, de competencia municipal
A Xunta sela con Gondomar e con Baiona os acordos para investir 3,25 M€ na reducción do risco de inundacións e pide ao Concello de Vigo que recapacite e coopere
Actuarase nos leitos dos ríos Miñor e Zamáns, en Gondomar, e no río Groba, nas proximidades da súa desembocadura, en Baiona, que presentan un historial de inundacións frecuentes