Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

27/03/21 | 12:20

A Xunta e o concello de Porqueira seguirán colaborando para habilitar máis vivenda protexida a prezos vantaxosos no municipio

O Goberno municipal acaba de pedir unha axuda ao Instituto Galego da Vivenda e Solo para rehabilitar dúas antigas escolas de mestres e destinalas a alugueiro

27/03/21 | 12:15

Medio Ambiente licita por 58.000 euros a redacción do proxecto de rehabilitación dun inmoble no casco histórico de Tui

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adquiriu esta vivenda, situada no número 20 da rúa Obispo Castañón, a través da oferta pública de compra de inmobles do programa Rexurbe

26/03/21 | 11:41

A Xunta reitera a necesidade de que o Goberno central concrete os programas de vivenda que disporán de fondos europeos

Ángeles Vázquez avanza que demandará unha vez máis ao Ministerio de Fomento a convocatoria urxente dunha Conferencia Sectorial na que se informe ás comunidades como será o reparto de máis de 5.000 M€ dos fondos europeos

26/03/21 | 11:01

Arias salienta que os 24 edificios rehabilitados e as 57 vivendas adxudicadas nos últimos 12 anos falan por si sos da aposta constante da Xunta pola Tinería

Para o delegado da Xunta en Lugo falar de parálise non ten sentido e considera que só hai estancamento nos argumentos do tenente de alcaldesa

24/03/21 | 14:48

A Xunta traslada ao Goberno central a súa colaboración para a elaboración da futura Lei estatal de vivenda

Ángeles Vázquez sinala que mentres o Executivo central debate entre a intervención dos prezos ou a rebaixa da presión fiscal, o Goberno galego ofrece axudas ao alugueiro e seguridade xurídica

23/03/21 | 11:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca axudas de ata 15.000 € para comprar vivendas na ducia de cascos históricos declarados na provincia da Coruña

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, destacou que estas axudas alcanzarán a contía máxima na cidade da Coruña, por ser unha das tres áreas Rexurbe declaradas en Galicia

23/03/21 | 11:36

A Xunta convoca axudas de ata 12.800 € para mercar vivendas en dez cascos históricos de Pontevedra, Vilagarcía, Marín, Poio, Tui, Caldas de Reis e Cambados

O delegado territorial da Xunta, Luis López, anuncia esta liña, que ten aberto o prazo de solicitude ata o 1 de setembro, no casco antigo de Pontevedra, cidade na que tamén poden beneficiarse destas subvencións as operacións en Estribela

22/03/21 | 11:06

Medio ambiente dispón case 5 M€ de fondos propios en cinco programas de axudas á rehabilitación

Os programas están dirixidos aos particulares, comunidades de veciños e administracións locais, co fin de mellorar o patrimonio edificatorio da Comunidade

20/03/21 | 10:49

Medio Ambiente lembra ao Concello de Noia que o Fondo de Cooperación permite acceder a incentivos sen xuros para recuperar inmobles de uso público

A Xunta invita ao municipio a participar neste programa que se abrirá nas próximas semanas e que contará con 4 millóns de euros

19/03/21 | 11:21

A Xunta convoca axudas de ata 15.000 € para comprar vivendas nos trece centros históricos declarados na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, sinala que alcanzarán esta contía máxima en Mondoñedo, por ser unha das tres áreas Rexurbe declaradas en Galicia