Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

30/12/21 | 12:55

A Xunta aposta por avanzar na xestión sustentable da mexilla e do percebe e reitera a súa predisposición ao diálogo con todas as partes

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica explicou que a delimitación das zonas de extracción de mexilla se aplicou despois de meses de negociacións cos representantes dos bateeiros e das confrarías de pescadores e tras ter en conta os estudos realizados sobre a presenza dos dous recursos nas rochas

26/12/21 | 11:31

Galicia destina máis de 30 M€ a impulsar a actividade e a competitividade do sector transformador de produtos do mar e a produción de cultivos mariños

O Diario Oficial de Galicia publicará en próximos días sendas convocatorias de axudas para o ano 2022 destinadas a estes sectores

23/12/21 | 11:39

A Xunta fixa a nova tempada de pesca da anguía na desembocadura do río Tambre entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2022

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica mañá no DOG a resolución pola que se renova o plan de aproveitamento específico desta especie

22/12/21 | 19:11

A frota galega rexistraría perdas económicas coa posible eliminación das bonificacións aos combustibles na pesca

Así o reflicte un informe da Xunta sobre o posible impacto no sector pesqueiro das distintas propostas da Organización Mundial de Comercio e da Comisión Europea relacionadas coa fiscalidade dos combustibles, que foi trasladado a distintos departamentos da Comisión Europea.

22/12/21 | 18:07

A Xunta mantén a vontade de diálogo para avanzar na convivencia e no futuro da extracción de mexilla e de percebe

A delimitación de zonas para a extracción de mexilla desta campaña ten carácter precautorio e estará vixente ata que entren en vigor os plans de xestión plurianuais do percebe para o período 2022-2024, que están en tramitación

18/12/21 | 10:56

Un total de 180 persoas poderán beneficiarse dos tres novos cursos de mariñeiro pescador que convoca a Xunta de Galicia na modalidade ‘online’

Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería do Mar e o período de prematrícula está aberto ata as 15:00 horas do próximo 29 de decembro

17/12/21 | 19:03

A Xunta enxalza o papel dos grupos de acción local do sector pesqueiro na conservación e difusión do patrimonio mariñeiro

A titular de Mar sinalou que, cos 27 espazos museísticos da rede REMA, Galicia move o patrimonio mariñeiro e o interese da poboación local e foránea nel pois o seu obxectivo é multiplicar a oferta museística local

17/12/21 | 12:52

A Xunta outorga 5,9 M€ a 16 empresas do Salnés para proxectos de transformación de produtos do Mar

O delegado territorial, Luis López, informa da resolución desta convocatoria da Consellería do Mar, que mobilizará 12,5 M€ na comarca arousá, nunha visita á industria Conservas Dardo xunto ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán

17/12/21 | 11:29

A Xunta e o Parlamento de Galicia colaboran para subministrar conservas de produtos do mar aos bancos de alimentos

Con esta acción, denominada Conserva o importante, Galicia busca repartir nestas datas alimentos de calidade e beneficiosos para unha dieta saudable entre as persoas máis vulnerables