Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 352 novas da área temática Novas tecnoloxías:

01/05/20 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reparte durante a crise do coronavirus 600 ordenadores entre o alumnado con menos recursos da provincia de Ourense co fin de garantir a actividade educativa en liña

Ademais dos portátiles con conectividade que enviou a Axencia para a Modernización Tenolóxica de Galicia, tamén se distribuíron tabletas e portátiles que estaban dispoñibles nos centros educativos

01/05/20 | 11:30 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O CDTIC comeza o mes de maio con catro novas xornadas en liña para pemes e autónomos

Teletraballo, ciberseguridade, sinatura biométrica ou comercio en liña centrarán a actividades da primeira semana do mes

29/04/20 | 16:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reparte un total de 1.319 ordenadores entre as familias con menos recursos da comarca do Salnés

Ademais dos portátiles con conectividade que enviou a Amtega a cada centro, tamén se distribuíron tabletas e portátiles que estaban dispoñibles nos centros educativos

28/04/20 | 12:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e concellos colaborarán para a mellora da conectividade e a dotación de recursos tecnolóxicos no eido educativo

Á proposta da Consellería de Educación e no marco da xuntanza da CECOP, chegouse a un principio de acordo a través do cal a Administración Autonómica atenderá con prioridade ao alumnado de ESO, Bacharelato e FP; mentres que as administracións locais centraranse no alumnado de Infantil e Primaria

25/04/20 | 10:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta inicia o reparto doutros 1.750 equipos con conexión gratuíta á rede para facilitar o seguimento da actividade educativa das familias con menos recursos

Con este novo lote, elévase a 2.750 o número total de kits de equipamento dixital, compostos por un terminal, router e liña de datos de balde

23/04/20 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia de fomentar a incorporación das nenas e mulleres ao ámbito das TIC

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron hoxe no acto do Día Internacional das rapazas nas TIC, que nesta edición se celebrou de forma virtual polo COVID-19

21/04/20 | 12:50 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Plan DigiTalent da Xunta suma ao seu catálogo de actuacións a edición especial de Campus Dual, impulsada polo Clúster TIC

Trátase dun programa de formación 100% gratuíto sobre programación para o desenvolvemento de aplicacións

19/04/20 | 10:56 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Rede CeMIT ofrece formación online a través da súa plataforma virtual e propostas e recomendacións diarias na web Faite Dixital

A plataforma de teleformación da Rede conta cun amplo catálogo de cursos desde os niveis máis básicos sobre uso de dispositivos ata outros máis avanzados como o tratamento de imaxe

15/04/20 | 13:25 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta reforza a colaboración en materia de ciberseguridade coa sinatura dun convenio co centro criptolóxico nacional

A Amtega e o CCN compartirán información e procedementos de detección, análise, resposta e resolución de ciberincidentes

14/04/20 | 18:36 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta solicítalle ao Goberno un marco común estatal que estableza os criterios básicos para o desenvolvemento das solucións tecnolóxicas vinculadas ao COVID-19

A directora da Amtega participou hoxe na xuntanza interterritorial, convocada pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, para abordar as iniciativas de dixitalización relacionadas co COVID-19