Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

05/05/22 | 12:33

Galicia rexistrou un mes de abril con temperaturas normais e seco, cun 32% menos de chuvia do habitual

O avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia conclúe que foi un período tipicamente primaveral, con alternancia de situacións frías e secas, o paso dalgunha borrasca bastante activa e xornadas anticiclónicas de sol e calor

30/04/22 | 15:33

A Xunta recolle as achegas do tecido asociativo e do persoal do parque natural para enriquecer o futuro Plan reitor de uso e xestión da Fragas do Eume

Belén do Campo subliña a importancia do labor de divulgación que se fai desde o centro de interpretación de Caaveiro para garantir a protección dos valores desta zona

30/04/22 | 15:27

A Xunta invita aos concellos da Costa da Morte a coñecer os programas de axuda en materia de vivenda

Este é o cuarto encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra na provincia da Coruña e terá lugar o luns, 2 de maio, ás 10,30 h, no auditorio municipal de Cabana de Bergantiños, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo

28/04/22 | 15:41 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba a primeira Lei de áreas empresariais de Galicia, unha norma pioneira a nivel estatal

Feijóo salienta que ten por obxectivo axilizar, simplificar e flexibilizar a planificación e creación de solo para as empresas, así como garantir o equilibrio entre o uso sustentable do territorio e o fomento da actividade económica na Comunidade

26/04/22 | 12:38

A Xunta anima aos galegos a votar antes de mañá polo proxecto transfronteirizo Migra Miño como premio da cidadanía europea

A actuación foi creada para mellorar o estado de conservación dos hábitats fluviais e das principais especies migratorias de peixes e abrangue cinco espazos Red Natura, dous deles en Galicia

26/04/22 | 12:31

A tempada de caza en Galicia estenderase con carácter xeral do 16 de outubro deste ano ao 6 de xaneiro de 2023

A Xunta publica a resolución na que se fixan as épocas hábiles para a actividade, os réximes especiais para as diferentes especies e as medidas de control por danos

26/04/22 | 12:07

A Xunta inviste case 2 M€ na recuperación de catro inmobles adquiridos en Tui ao abeiro do programa Rexurbe para habilitar oito vivendas protexidas

Ángeles Vázquez anuncia que o Goberno galego xa escriturou os tres edificios adquiridos dentro da oferta pública de 2021 e avanza que en maio se adxudicará a redacción do proxecto de rehabilitación do inmoble en Bispo Castañón, 20