Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática i+D+i:

31/07/22 | 14:20 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia sinala os niveis de alerta por vaga de calor para diversas zonas da Comunidade galega

Hai zonas en situación de alerta en todas as provincias, con diferente intensidade e extensión

31/07/22 | 10:00 | C. de Sanidade

A Xunta adquire dous novos mamógrafos para o Hospital do Meixoeiro por case 400.000 euros

O investimento forma parte dun contrato para renovar catro mamógrafos en toda Galicia, por preto de 800.000 euros
 

30/07/22 | 11:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 4.478 casos activos por coronavirus

Un total de 661.749 pacientes xa están curados

30/07/22 | 10:01 | C. de Sanidade

A Xunta outorga axudas por máis de 920.000 euros para realizar programas no ámbito dos trastornos mentais

O conselleiro de Sanidade visita a contorna do Hospital Psiquiátrico de Conxo para coñecer de primeira man o traballo da Asociación Itínera, unha das entidades beneficiarias
 

29/07/22 | 15:09 | C. de Sanidade

A Xunta destina 4 millóns de euros para que os concellos galegos desenvolvan programas de axuda a persoas con trastornos aditivos nas unidades asistenciais de drogodependencias

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e mais o de Sanidade asinaron hoxe o convenio de colaboración co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), representante dos concellos con servizos de atención sanitaria, para contribuir a manter a accesibilidade dos galegos e galegas a estes programas terapéuticos

29/07/22 | 15:00 | C. de Sanidade

A Xunta almacenará no Centro de Supercomputación de Galicia os datos de preto de 30.000 análises xenómicas de pacientes que realiza ao ano

O Goberno galego aprobou este ano un contrato-programa coa Fundación Galega de Medicina Xenómica de 14 millóns de euros en dous anos, orzamento que abarca a realización de análises xenéticas

28/07/22 | 19:06 | A Presidencia da Xunta

Rueda valora a vontade de avanzar en acordos de interese para Galicia pero advirte a Pedro Sánchez que estará “vixiante” sobre os compromisos adquiridos

O titular do Executivo galego incide na necesidade de que a Administración estatal habilite axudas para a reconstrución das zonas máis afectadas polos incendios deste mes de xullo

28/07/22 | 13:20 | C. de Sanidade

A Xunta aposta polo persoal farmacéutico para axilizar a renovación das receitas dos pacientes crónicos

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou hoxe aos novos farmacéuticos que prestarán apoio dende A Estrada aos centros de saúde que máis o precisen
 

27/07/22 | 16:40 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia un investimento de máis de 6,5 millóns para a compra de vacinas fronte ao Herpes Zóster e a Meninxite B e amplía a poboación destinataria

Explica que entre as novidades do Programa Galego de Vacinación inclúese a vacinación fronte ao meningococo B aos nenos e nenas partir dos dous meses no calendario vacinal, cando na actualidade só estaba financiada nos grupos de risco de todas as idades