Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

09/06/22 | 17:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia amosa o seu apoio a Celsa para que poida acceder ao fondo de axuda á solvencia en empresas estratéxicas

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asegura que é prioritario o mantemento da actividade polo que é fundamental que se desbloquee a situación para que a compañía poida contar con este financiamento necesario para alcanzar os seus obxectivos

09/06/22 | 13:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía cos concellos incluídos na zona de transición xusta os fondos outorgados a Galicia

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, acompañada polos delegados territoriais da Xunta na Coruña e en Ferrol, Gonzalo Trenor e Martina Aneiros, mantivo esta mañá un encontro cos alcaldes dos municipios das áreas de Meirama e As Pontes

08/06/22 | 19:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a confianza demostrada por SDG Group ao abrir a súa nova sede en Galicia e captar talento local

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Santiago na inauguración do novo centro desta firma de consultaría global, especializada en tecnoloxías como o Big Data e a intelixencia artificial

08/06/22 | 13:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel do Cesena, como primeiro centro tecnolóxico de Galicia especializado no sector naval, na reactivación económica de Ferrolterra

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Ferrol na xornada `Tendencias e solucións dixitais para o sector naval’

07/06/22 | 14:33 | A Presidencia da Xunta

Rueda avalía coa Sociedade Impulsa os principais proxectos nos que Galicia está xa traballando para captar fondos europeos Next Generation

Solicita o compromiso do Goberno central para que estas iniciativas estratéxicas para Galicia poidan materializarse canto antes

06/06/22 | 14:10 | C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias apunta á implantación do Compliance como clave para a protección das empresas fronte aos riscos legais

A delegada territorial da Xunta participou na presentación do III Congreso Galego de Compliance que se celebrará o 16 de xuño en Vigo

03/06/22 | 20:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta comprométese a seguir traballando para que Galicia sexa un lugar cara a onde mirar no mapa cando se fala de políticas de igualdade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde na xornada Mulleres no camiño, organizada pola Asociación de Executivas de Galicia xunto con Empresarias y Directivas del Atlántico (EDA)