Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia un ciclo informativo de 8 webinar sobre o Plan Hidrolóxico e o Plan de Xestión de Risco de Inundacións da Demarcación Galicia-Costa
A iniciativa, para a que na xornada de hoxe había 190 persoas inscritas, vai dirixida a Concellos, asociacións ou particulares coa fin de informalos sobre estes documentos, en consulta pública desde abril
A Xunta asina co concello de Catoira o convenio para minimizar o risco de inundacións nos ríos Ulla e Sar cun investimento de 300.000 €
Mellorarase o espazo fluvial do rego de Gondomil, no cruce coa estrada EP-8702, executando as obras prioritarias nesta área con risco de asolagamento
A Xunta inviste 260.000€ na mellora das traídas de augas veciñais e no Plan de abastecemento autónomo de Cerdedo-Cotobade
O delegado territorial, Luis López, informa de que este municipio foi un dos seis seleccionados para a elaboración e implantación do Plan municipal de abastecemento autónomo, ao que se destinarán 150.000€
A Xunta conclúe a tramitación ambiental da nova EDAR de Foz promovida por Augas de Galicia
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda considera que o anteproxecto de conducións xerais e da depuradora do concello lucense é ambientalmente viable
Ethel Vázquez avanza que a mellora da depuradora de Viveiro funcionará a comezos de 2022 e pide axilidade a Costas para autorizar o saneamento de Celeiro e culminar un investimento de case 8 M€ na Ría
Vázquez Mourelle destaca que as obras de mellora, cun investimento de 4M€, ampliarán nun 50% a capacidade de tratamento da depuradora para asumir as augas de Viveiro e de Celeiro
A Xunta adxudica por case 1,3 M€ o servizo de control de calidade da auga en captacións, emisións ao mar e encoros na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa
O contrato, que lle dá continuidade ao programa que Augas de Galicia vén desenvolvendo na demarcación, recolle o seguimento de captacións de auga destinadas ao consumo mediante 141 puntos de mostraxe
A Xunta porá en funcionamento no verán a mellora da depuradora dos Praceres, que suporá un avance substancial no saneamento da ría de Pontevedra
Teresa Gutiérrez salienta o investimento de 16,5M€ na mellora da depuradora e salienta que traballa paralelamente na tramitación ambiental do proxecto de ampliación da planta
A Xunta licita as obras para implantar tratamento biolóxico na depuradora de Vilaboa cun investimento autonómico de 720.000 euros
Vázquez Mourelle salienta que a dotación do tratamento secundario na depuradora pretende cumprir os parámetros das directivas europeas en relación co tratamento da materia orgánica vertida
A Xunta solicítalle ao Concello de Foz a documentación municipal para impulsar a execución da nova EDAR, unha vez emitida a declaración de impacto ambiental
A Xunta trata de axilizar a licitación da redacción do proxecto construtivo e a execución das obras da depuradora de augas residuais, que suporá un investimento de máis de 12,2M€
A Xunta e o Concello de Paderne de Allariz colaboran para completar o servizo de abastecemento de auga no municipio, que suporá un investimento de 275.000 euros
Dotarase de abastecemento o núcleo de San Cristovo, servindo a unha poboación fixa de 62 habitantes para o ano horizonte 2045