Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta atendeu a preto de 11.000 maiores nos servizos gratuítos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía do programa Coidados porta a porta
Os oito autobuses do programa visitaron dende marzo 154 concellos e continuarán por todos os restantes, agás as sete cidades
A Xunta destaca a boa acollida do ‘Bono Coidado’, que xa recibiu preto de 600 solicitudes en dúas semanas
Trátase dunha axuda para cubrir necesidades de conciliación de familias con nenos de ata 12 anos de idade
A Xunta achega 30.000 euros para organizar a Feira do Bonito de Burela, que se celebra a primeira fin de semana de agosto
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliña a importancia das festas gastronómicas “como reclamo turístico” e sinala “a enorme proxección exterior que lle dá este produto á vila e a toda A Mariña”
A Xunta crea 24 novas casas do maior coas que superará este ano o centenar de centros en funcionamento por toda Galicia
Estes equipamentos sumarán en conxunto 535 prazas gratuítas de atención diúrna
A Xunta convoca o I Congreso nacional de violencia de xénero para as forzas e corpos de seguridade
Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, terá lugar en setembro na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp)
A Xunta renova a colaboración coas federacións de asociacións de veciños para apoiar as súas actuacións en favor da mellora da vida local
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asinou hoxe o convenio coa Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE) e cinco das súas federacións cunha achega de case 65.000 euros
A Xunta destaca o traballo de Emaús e Provivienda na loita contra a soidade non desexada
O programa desenvolverase como piloto en Vigo e Ribadavia, e buscará fomentar espazos de encontro e convivencia entre as persoas que se atopan nesta situación
A Xunta destinará 1,8 M€ na mellora integral da residencia pública de maiores Torrente Ballester para avanzar cara o modelo de coidados do futuro
Renovarase por completo o mobiliario e os espazos interiores, e crearase un xardín terapéutico no exterior con vistas ao mar para o desfrute de usuarios e familiares
A Xunta pon a disposición das persoas maiores e con patoloxías crónicas desaloxadas pola vaga de lumes máis de 50 prazas en residencias
Ofrécese aloxamento en nove centros residenciais para atender de forma inmediata ás persoas máis vulnerables que precisan de coidados
A Xunta pon en valor o seu novo modelo de coidados no curso de verán da USC ‘A pandemia de covid-19: ensinanzas e progresos’
Compartiu cos participantes impresións e boas prácticas aprendidas durante esta crise sociosanitaria para mellorar a atención aos maiores