Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

06/08/22 | 12:00 | C. de Sanidade

A Xunta prevé un investimento de case 965.000 € na dixitalización da promoción da saúde, cunha plataforma de contidos que conxugará xogos, unha aplicación e vídeos

O proxecto, financiado con fondos europeos e propios, divídese en catro fases, que van do 2022 ao 2024; segue a liña doutras iniciativas como Xanela Aberta á familia e axudará a executar varias accións do ‘Plan de Obesidade Zero en Galicia’

06/08/22 | 09:26 | C. de Sanidade

A Xunta actualiza os niveis de alerta por episodio de calor para diversas zonas

O plan está operativo dende o 1 de xuño, e da súa coordinación encárganse, ademais da Consellería de Sanidade e do Sergas; a Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; e as Consellerías de Política Social e Xuventude; e de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda
 

05/08/22 | 12:31 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade salienta o perfil profesional da nova xerente do Sergas e a considera a persoa idónea para profundizar nas reformas sanitarias xa en marcha

Do xerente saínte, o titular da carteira sanitaria destacou a súa templanza e prudencia á hora de afrontar os picos da pandemia da covid, e o seu liderado para concebir o Sergas como un hospital único, que compartiu os seus recursos para garantir a asistencia a toda a cidadanía

04/08/22 | 09:44 | C. de Sanidade

O Sergas designa a José Flores como novo xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Flores, que se formou como residente nesta área e exerceu na base medicalizada do 061 de Pontevedra e nas urxencias dos hospitais de Montecelo e do Salnés, cesará hoxe como xerente do Servizo Galego de Saúde

02/08/22 | 16:13 | C. de Sanidade
02/08/22 | 15:20 | C. de Sanidade

A Xunta actualiza os niveis de alerta por episodio de calor para diversas zonas de aviso

O plan está operativo dende o 1 de xuño, e da súa coordinación encárganse, ademais da Consellería de Sanidade e do Sergas, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; e as Consellerías de Política Social e Xuventude; e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
 

02/08/22 | 13:46 | C. de Sanidade

A Xunta eleva as súas axudas para programas de prevención das adiccións un 8%, ata os 4,5 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para programas promovidos por entidades sociais, dotada con máis de dous millóns de euros
 

02/08/22 | 12:34 | C. de Sanidade

A Xunta converterá a estación de autobuses do Carballiño nun novo centro de saúde que duplicará a superficie do actual

Os conselleiros de Sanidade e de Infraestructuras e Mobilidade, asinaron hoxe co alcalde do municipio un protocolo que inicia os trámites para o cambio de uso desta parcela, que o municipio transmitirá á Xunta libre de cargas
 

01/08/22 | 14:22 | C. de Sanidade

A enfermaría galega poderá dispensar medicación sobre queimaduras, diabetes ou hipertensión a partir deste outono

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou hoxe o centro de saúde da Estrada, tras recibir o premio ao mellor equipo de enfermaría de España por parte do Consello Xeral de Enfermaría