Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

13/03/22 | 10:44

A Xunta lanza a campaña 'Casualidade ou Desigualdade?' para avanzar cara a equidade salarial e a mellora da conciliación

A iniciativa, dirixida especialmente ao tecido empresarial, incide en tres aspectos: a importancia de fomentar unha redistribución de roles, a igualdade salarial e a promoción de postos de responsabilidade entre as mulleres para corrixir as discriminacións por xénero

12/03/22 | 21:05

A Xunta reafirma en Sanxenxo o seu apoio á Federación de mulleres de Pontevedra e aposta polo asociacionismo para avanzar cara a igualdade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, interveu hoxe na entrega dos Premios Mulleres Femupo, un colectivo que o Goberno galego apoiou en 2020 e 2021 con 35.000 euros a través dun convenio de colaboración para loitar contra a violencia de xénero

12/03/22 | 11:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a aceleradora Galicia Avanza, que desde a Tecnópole especializarase na internacionalización das pemes innovadoras

Este novo programa, ao que se destinan 2,24 millóns de euros, porá o foco no fortalecemento no exterior de solucións innovadoras tanto de produtos como de servizos no menor tempo posible para posicionar o tecido empresarial galego no mercado global

09/03/22 | 18:06

A Xunta destaca en Vigo o seu apoio ao asociacionismo feminino como estratexia para avanzar na igualdade entre mulleres e homes

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na segunda edición do programa +Reales de Mulleres en Igualdade de Vigo, un colectivo que o Goberno galego apoia con preto de 130.000 euros desde 2009

09/03/22 | 13:13

Unha nova certificación distinguirá ás empresas galegas comprometidas coa igualdade e que fomenten o benestar laboral entre as persoas traballadoras

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avanzou hoxe no Parlamento galego que a Xunta, no seo do Diálogo Social, ultima a regulación deste novo selo de excelencia en igualdade

08/03/22 | 21:35

A Xunta invita ás mulleres a “Sumar Talento” en Lalín na entrega de premios Maruja Gutiérrez polo 8-M

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, referendou o compromiso da Xunta para apoiar o liderado e a participación das mulleres en todas as esferas

08/03/22 | 18:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A biblioteca da Xunta en Ourense conmemora o Día da Muller cunha mostra sobre a evolución do tratamento da violencia de xénero na prensa galega

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inauguran a exposición ‘Pobre Asunción!’ que permanecerá no espazo ourensán ata finais de maio

08/03/22 | 14:57 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o compromiso de Galicia coa igualdade e avanza que a nova lei situará á comunidade na vangarda da loita contra a discriminación de xénero

Afirma que a igualdade é un principio que nos debe unir como sociedade: “A igualdade está nas nosas mans, nas do conxunto da sociedade: nas mans dos políticos, das familias, dos homes e das empresas”

08/03/22 | 14:26

Fernández-Tapias destaca o éxito das políticas da Xunta na conquista dunha igualdade real e efectiva

A delegada territorial da Xunta en Vigo, , Marta Fernández-Tapias, participou hoxe nun encontro con mulleres emprendedoras viguesas ás que identificou como o espello no que poderán mirarse as novas xeracións