Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

22/09/22 | 15:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López convida a todos os galegos a “aproveitar os 100 derradeiros días do Xacobeo” dende o Río Verbena Fest de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra supervisou a montaxe deste festival, que se celebrará este sábado 24 no parque de Tafisa con sete actuacións e máis de nove horas do música no marco dos Concertos do Xacobeo

22/09/22 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén gaba a programación cultural do Xacobeo 21 - 22 por amosar a riqueza turística de Galicia

O delegado territorial subliñou que a Xunta apoia esta iniciativa baixo o paraugas do Xacobeo co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade nestes tempos difíciles

21/09/22 | 20:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A actriz Tina Sainz e José Luís Méndez Romeu achegan a súa visión persoal e profesional sobre María Casares no ciclo da Xunta

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da conferencia que reanuda esta iniciativa no marco da conmemoración do centenario da artista

21/09/22 | 15:08 | C. de Política Social e Igualdade

O Espazo Xove de Curtis inaugura a súa nova biblioteca

A Xunta de Galicia investiu preto de 20.000 euros en acondicionar esta instalación

21/09/22 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con 32.000 euros a segunda feira das distribuidoras lucenses de alimentación

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, salienta que o Goberno galego estará presente na cita gastronómica cun stand no que asesorará aos negocios que o soliciten

21/09/22 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os traballos da Xunta no xacemento de Penas do Castelo, na Ribeira Sacra, sacan á luz unha entrada monumental

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade conta nesta campaña coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón, a Asociación de Veciños e a Comunidade de Montes de Salcedo

20/09/22 | 20:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sitúa aos galardoados co Premio Novela Europea Casino de Santiago como exemplo de talento e promoción dos valores europeístas

O conselleiro de Cultura participa no acto de entrega da XV edición que recaeu nos escritores Luis Landero e Tatiana Tibuleac

20/09/22 | 15:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta para garantir unha oferta cultural diversa e de calidade

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita as obras de mellora da Casa da Cultura de Ordes, onde o Goberno galego inviste 250.000€
 

20/09/22 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta, Concello e Armada avanzan na definición da candidatura da cidade a Patrimonio Mundial

O conselleiro de Cultura participa nunha reunión de traballo co alcalde e o almirante do Arsenal Militar onde se acordaron novos pasos na redacción do documento

20/09/22 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias presenta a quinta edición do Festival Underfest en Vigo e destaca a súa consolidación como “referente do outono musical” en Galicia

A delegada territorial da Xunta avanzou o cartel do evento que nesta ocasión levará a 18 artistas polo Auditorio Mar de Vigo, Museo MARCO, Kominsky, La Iguana, Mogambo, Radar, Reserva e Masterclub