Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

24/07/22 | 11:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta atendeu a preto de 11.000 maiores nos servizos gratuítos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía do programa Coidados porta a porta

Os oito autobuses do programa visitaron dende marzo 154 concellos e continuarán por todos os restantes, agás as sete cidades

23/07/22 | 10:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a boa acollida do ‘Bono Coidado’, que xa recibiu preto de 600 solicitudes en dúas semanas

Trátase dunha axuda para cubrir necesidades de conciliación de familias con nenos de ata 12 anos de idade
 

22/07/22 | 15:59 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta achega 30.000 euros para organizar a Feira do Bonito de Burela, que se celebra a primeira fin de semana de agosto

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliña a importancia das festas gastronómicas “como reclamo turístico” e sinala “a enorme proxección exterior que lle dá este produto á vila e a toda A Mariña”

22/07/22 | 12:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta crea 24 novas casas do maior coas que superará este ano o centenar de centros en funcionamento por toda Galicia

Estes equipamentos sumarán en conxunto 535 prazas gratuítas de atención diúrna

22/07/22 | 11:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca o I Congreso nacional de violencia de xénero para as forzas e corpos de seguridade

Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, terá lugar en setembro na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp)

20/07/22 | 14:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova a colaboración coas federacións de asociacións de veciños para apoiar as súas actuacións en favor da mellora da vida local

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asinou hoxe o convenio coa Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE) e cinco das súas federacións cunha achega de case 65.000 euros

20/07/22 | 14:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo de Emaús e Provivienda na loita contra a soidade non desexada

O programa desenvolverase como piloto en Vigo e Ribadavia, e buscará fomentar espazos de encontro e convivencia entre as persoas que se atopan nesta situación

20/07/22 | 11:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinará 1,8 M€ na mellora integral da residencia pública de maiores Torrente Ballester para avanzar cara o modelo de coidados do futuro

Renovarase por completo o mobiliario e os espazos interiores, e crearase un xardín terapéutico no exterior con vistas ao mar para o desfrute de usuarios e familiares
 

19/07/22 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon a disposición das persoas maiores e con patoloxías crónicas desaloxadas pola vaga de lumes máis de 50 prazas en residencias

Ofrécese aloxamento en nove centros residenciais para atender de forma inmediata ás persoas máis vulnerables que precisan de coidados

19/07/22 | 13:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o seu novo modelo de coidados no curso de verán da USC ‘A pandemia de covid-19: ensinanzas e progresos’

Compartiu cos participantes impresións e boas prácticas aprendidas durante esta crise sociosanitaria para mellorar a atención aos maiores