Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Urbanismo:

12/11/22 | 14:55

A Xunta anima ao concello de Gomesende a aprobar o seu primeiro PXOM para reforzar a seguridade xurídica no eido do urbanismo

Cómpre subliñar que este municipio ourensán foi, no ano 2009, un dos primeiros en delegar parte das súas competencias en materia urbanística no órgano autonómico

11/11/22 | 14:24

A Xunta ultima a licitación da redacción dos proxectos para ampliar o polígono de Santa Comba

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo reuniuse hoxe coa rexedora municipal para pechar os detalles da nova delimitación, que terá unha superficie de ao redor de 204.000 metros cadrados e se desenvolverá dividida en dúas fases

10/11/22 | 15:47

A Xunta entrega en Ferrol as dúas primeiras vivendas de promoción pública rehabilitadas a través do programa Rexurbe

Ambas vivendas posúen dous dormitorios, salón- comedor, cociña, baño e rocho e as súas adxudicatarias aboarán por elas alugueiros de pouco máis de 140 euros

10/11/22 | 15:34

A Xunta adxudica o proxecto e a dirección de obra para rehabilitar dous inmobles na rúa Catedral, na Tinería

O delegado territorial, Javier Arias, confirma que se recuperarán para vivendas de promoción pública coa intención de continuar coa rexeneración urbana e a revitalización do casco antigo de Lugo
 

08/11/22 | 17:59

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde asinaron esta tarde o convenio de colaboración en virtude do cal se comprometen a cofinanciar a actuación

As obras enmárcanse no Plan Hurbe, impulsado en 2010 para apoiar ás entidades locais en proxectos que melloren as condicións e a calidade de vida da súa veciñanza

06/11/22 | 11:03

A Xunta adxudica o proxecto para construír dúas piscinas públicas e un centro BTT no concello de Outeiro de Rei

A intervención incluirá a adecuación da parcela e a correspondente urbanización así como a construción das novas edificacións previstas e dos servizos complementarios
 

03/11/22 | 13:55

A Xunta e o Concello de Porto do Son analizan a posibilidade de tramitar o futuro polígono do municipio a través da nova Lei de áreas empresariais

O IGVS propuxo aos técnicos municipais que se faga a través dun Plan estruturante de ordenación de solo empresarial, figura creada ao abeiro desta normativa e que garante unha tramitación máis áxil e flexible do desenvolvemento de solo industrial