Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

14/08/22 | 13:00

O porto de Ribadeo retoma o tráfico de area de mina que supón ata 50.000 toneladas máis de actividade ao ano

A Consellería do Mar traballa na mellora das infraestruturas desta dársena para contribuír a impulsar as súas operacións, que se sitúan entre as máis elevadas do sistema autonómico

10/08/22 | 12:21

A Xunta levará a cabo a renovación integral do pavimento dos pantaláns pesqueiros de Cangas para mellorar a seguridade e a súa conservación

A Consellería do Mar destinará 86.000 euros a esta actuación que se atopa en fase de licitación, así como outros 72.000 euros para a dotación de 15 escaleiras de gato e defensas no peirao pesqueiro da localidade

18/07/22 | 18:31

A Xunta e o Concello de Poio sentan as bases dun convenio para activar o proxecto de renovación do bordo portuario de Raxó cun investimento de máis de 800.000 euros

A presidenta de Portos de Galicia e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra analizaron co alcalde do municipio o reparto das obrigas e do importe a asumir por cada parte, que será do 70% no caso do Executivo galego e do 30% no do local

15/07/22 | 17:50

A Xunta intensifica as accións de sensibilización para un uso responsable das franxas de mar contiguas á costa e apela á prudencia da cidadanía

 A Administración galega coordina accións dos distintos organismos implicados neste asunto para a divulgación de medidas de seguridade na navegación nas proximidades da costa e das zonas de baño

15/07/22 | 12:46

A Xunta pide ao Concello de Poio que deixe de buscar culpables externos ao problema estrutural de déficit de prazas de aparcamento que ten en Combarro

A presidenta de Portos de Galicia lembra que as obras do emisario da EDAR dos Praceres beneficiarán ao conxunto da ría de Pontevedra, incluído Poio, e que o Goberno local foi informado convenientemente das restricións previstas na contorna do dique da Canteira

11/07/22 | 15:29

Fernández-Tapias dá a benvida á tripulación do “Juan Sebastián Elcano” na celebración en Baiona do 500 aniversario da Circunnavegación da Terra

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na recepción ofrecida á tripulación do buque-escola, que fondeou na baía baionesa nove anos despois, antes de finalizar en Marín o seu XCIV Cruceiro de Instrución

07/07/22 | 14:50

A Xunta investirá máis de 300.000 euros na renovación do pavimento dos pantaláns mexilloeiros do Porto de Rianxo

Os traballos consistirán na substitución do actual por madeira sintética e realizaranse atendendo a criterios relacionados coa mellora continua da seguridade optimizando o desenvolvemento da actividade nestas instalacións portuarias

06/07/22 | 13:07

A Xunta inviste preto de 285.000 euros nos traballos de urbanización da contorna dos departamentos do peirao de Ortigueira

A presidenta de Portos de Galicia e a delegada territorial do Executivo galego en Ferrol visitaron a localidade para comprobar o estado das obras, que inclúen a substitución de pavimentos que melloran o tráfico rodado e a mobilidade peonil así como a renovación de servizos urbanos

04/07/22 | 13:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a colaboración público-privada con Siemens, a Universidade da Coruña e Navantia será clave para impulsar a candidatura galega ao Perte naval a través da dixitalización e a innovación

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Ferrol na inauguración da Aula Navantia-Siemens