Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 287 novas da área temática Exterior:

14/10/22 | 15:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Anual da Cooperación Galega incrementará o seu orzamento en 2023 ata case 9 M€

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes do corpo consular de Galicia para coñecer as súas demandas e trasladarlle o compromiso do Goberno galego en materia de acción exterior

12/10/22 | 10:43 | A Presidencia da Xunta

Rueda anima á colectividade e ao empresariado galego no exterior a sumar sinerxías para seguir construíndo unha comunidade próspera e unida pola marca Galicia

Na súa primeira viaxe a América do Sur como titular do Goberno galego, Alfonso Rueda quere estreitar lazos coa comunidade galega na Arxentina e no Uruguai, así como manter encontros cos representantes das empresas galegas que operan neses países, especialmente coas do sector pesqueiro

04/10/22 | 17:58 | A Presidencia da Xunta

Rueda traslada á embaixadora de Canadá a decidida intención da Xunta por avanzar nos intereses comúns no marco das boas relacións bilaterais

Trasladoulle o compromiso do Goberno galego cos acordos adoptados entre España e o país norteamericano para impulsar actuacións conxuntas no ámbito da pesca

28/09/22 | 19:43 | A Presidencia da Xunta

Rueda traslada ao embaixador británico o interese da Xunta por estreitar as relacións co Reino Unido para avanzar nos intereses comúns con Galicia

Trasladoulle ao máximo representante da diplomacia británica en España o pesar dos galegos polo falecemento da raíña Isabel II

28/09/22 | 17:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia apoia a convocatoria dunha convención para revisar os tratados da Unión Europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, acudiu como representante de Galicia á reunión da Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais (CIVEX)

23/09/22 | 15:32 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda retoma o contacto coas entidades de Canarias no Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife

O secretario xeral da Emigración iniciou unha rolda de visitas polas entidades galegas nesta comunidade autónoma para coñecer como retomaron as actividades trala pandemia e agradecer o seu apoio na difusión do Ano Santo Xacobeo

18/09/22 | 12:17 | A Presidencia da Xunta

Rueda realizará en outubro a súa primeira viaxe oficial como presidente da Xunta á Arxentina e ao Uruguai

A viaxe desenvolverase entre os días 13 e 17 para reforzar os lazos coa colectividade galega e estreitar as relacións con ambos países

16/09/22 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia súmase á Alianza Europea de Rexións e Cidades pola reconstrución de Ucraína

Coa adhesión á plataforma, a comunidade súmase aos esforzos de coordinación para a reconstrución de decenas de cidades e vilas que foron parcial ou totalmente destruídos pola guerra