Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

25/11/22 | 11:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Axega e a Autoridade Portuaria de Marín avanzan no seu compromiso de asistencia recíproca cunha acción formativa

Os membros de seguridade da Autoridade Portuaria coñecerán durante dous días o sistema galego de atención ás chamadas de emerxencia no 112 Galicia
 

25/11/22 | 10:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina case 896.000 € á adquisición de equipamento de emerxencias para 131 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da comunidade

O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes con agrupacións de voluntarios de Protección Civil
 

24/11/22 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola coordinación entre institucións para acadar unha xestión áxil e eficaz das emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe xunto ao reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, na presentación da Memoria de responsabilidade social da institución académica

23/11/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coordina un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior da empresa Syngenta

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou una actuación para comprobar a resposta das institucións e a industria ante un accidente real e a coordinación da comunicación entre os grupos de intervención mobilizados
 

23/11/22 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros
 

21/11/22 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o reforzo do servizo de Protección Civil de Cangas cun vehículo contra incendios

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na presentación do equipamento, cofinanciado polo Goberno galego con máis de 55.600 euros
 

21/11/22 | 10:21 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 81 persoas por 61 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 18 de novembro ata as 23,59 horas do domingo, 20 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 82 chamadas por accidentes de tráfico

20/11/22 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa para mañá por temporal costeiro en todo o litoral galego

En Lugo e no noroeste da Coruña agárdase vento do suroeste de forza 8 e mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros
 

18/11/22 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta dota de coitelas quitaneves a oito concellos para facerlles fronte ás nevaradas

O director xeral de Emerxencias e Interior participou na entrega do material de emerxencia para as localidades ourensás da Gudiña, A Rúa, Baños de Molgas, Vilamartín de Valdeorras e Vilariño de Conso, as lucenses de Cervantes e Meira, e a pontevedresa de Lalín

16/11/22 | 13:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AGASP organiza un curso de formación sobre intervencións en medio acuático destinado a axentes da Garda Civil

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañou hoxe a os participantes na segunda xornada da actividade durante un simulacro de rescate acuático