Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

15/12/22 | 14:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta resalta en Ourense o necesario labor de acompañamento ao tecido empresarial para mirar ao futuro con confianza e optimismo

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou no acto do 45 aniversario da Confederación Empresarial de Ourense

15/12/22 | 11:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta súmase ás reivindicacións do sector e insiste na necesidade de rebaixar o IVE dos carburantes e os impostos especiais

Conde lembra que o sector está á espera de saber se se van prolongar as bonificacións ao prezo dos combustibles e que outras medidas se van poñer en marcha para paliar a alza de prezos

14/12/22 | 21:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta comprométese a continuar traballando coa Asociación Empresarial do Tambre para seguir captando investimentos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu ao acto de homenaxe ao asociado desta entidade

14/12/22 | 20:30 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que os orzamentos da Xunta para 2023 reservan case 177 M€ para políticas de vivenda e solo empresarial, un 10,5% máis que este ano

Subliña que o obxectivo estratéxico do Goberno galego pasa por poñer á disposición da cidadanía 1.200 vivendas públicas máis

13/12/22 | 15:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinará máis de 20 M€ en 2023 a colaborar co tecido empresarial galego para manter o mellor ciclo exportador da súa historia

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa na presentación do Centro de Seguimento de Licitacións Internacionais na Confederación de Empresarios de Galicia

12/12/22 | 19:52 | A Presidencia da Xunta

A Xunta defende a importancia de colaborar co sector empresarial para afrontar as incertezas económicas e aproveitar ao máximo os fondos europeos

Rueda apunta a elección da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial ou o novo CHUAC como exemplos do que se consegue a través destas sinerxias

11/12/22 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 446.000 euros a 10 empresas mineiras da provincia para incentivar a sustentabilidade do sector

Están orientadas a mellorar a seguridade dos traballadores, a protección ambiental e a eficiencia enerxética

10/12/22 | 11:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia apoia a Efitrans Global Logistics, empresa dedicada ás solucións loxísticas innovadoras


Contará cun respaldo financeiro de ate 2 millóns de euros para avanzar no seu plan de crecemento e de industrialización