Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

20/12/22 | 12:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala que Aspadeza é un referente en materia de inclusión para toda a comarca

O Goberno galego financia 30 prazas públicas nos seus centros de día e ocupacional para o que destina un orzamento de 330.000 euros ao ano

20/12/22 | 12:12

Lorenzana presenta o espazo de conciliación promovido no porto da Coruña pola Xunta de Galicia para axudar ás familias este Nadal

 As instalacións, situadas no peirao do Parrote, abrirán en horario de mañá e tarde entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro e ofrecerán actividades de carácter deportivo, obradoiros de reciclaxe e paseos culturais, entre outras

20/12/22 | 11:36 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.069 casos activos por coronavirus

Un total de 683.343 pacientes xa están curados

19/12/22 | 16:06 | C. de Política Social e Igualdade
18/12/22 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por vento no oeste da Coruña e na Mariña de Lugo

Agárdase vento do sur con refachos que poderán alcanzar os 100 km/h

18/12/22 | 12:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta conmemora o día das persoas migrantes coa ONG Mestura

Destaca a importancia da colaboración co tecido asociativo para garantir os dereitos destas persoas e evitar situacións de discriminación

17/12/22 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa para mañá por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra

Agárdase vento do sur de forza 8 e de forza 9 entre Vilán-Sisargas e entre Fisterra-Sisargas

17/12/22 | 11:52 | C. de Sanidade

A sanidade pública galega continúa sendo referente mundial en medidas para o desafío climático no coidado da saúde

O Servizo Galego de Saúde recibe da organización Desafío Climático para o Coidado da Saúde tres premios de ouro nas categorías de enerxía renovable, resiliencia climática e liderado climático, e a área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza é distinguida con outros tres galardóns

16/12/22 | 13:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta felicita á Asociación Diversidades Acolle con motivo dos seus dez anos de actividade

O Goberno galego financia con 214.000 euros diferentes programas da asociación dirixidos á formación, transición ao emprego e asesoramento de poboación inmigrante