Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

22/04/21 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anima aos lucenses a acollerse ás axudas para corrixir a estética de vivendas que impactan na paisaxe

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que as achegas poden alcanzar os 3.000 euros e están en prazo de solicitude ata o 31 de maio

21/04/21 | 11:02

A Xunta convoca por 1 millón de euros as axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública

Trátase de subvencións a comunidades de propietarios de vivendas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ou transferidas ao mesmo, unha liña da que xa se beneficiaron preto de 2.800 inmobles desde 2016

17/04/21 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia o proceso de adxudicación de 24 vivendas de promoción pública en Chantada, no concello de Vigo

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, sinala que as vivendas que se constrúen na rúa Canicouva poranse a disposición das familias da cidade, tras investir 3,4 millóns de euros

16/04/21 | 15:07

Os propietarios de vivendas e edificios no Camiño de Santiago poderán optar a axudas de ata 25.000 euros para rehabilitación

O 22 de marzo publicouse unha nova convocatoria de axudas na Área de Rehabilitación dos Camiños de Santiago, que se poden pedir ata o 30 de setembro

16/04/21 | 14:50

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten habilitadas catro liñas de axudas a particulares para o pago de alugueiro cun orzamento de case 10 M€

O delegado territorial, Luis López, informa destes programas de apoio para favorecer o mantemento dos fogares por parte das familias con escasos recursos económicos nunha visita ás dependencias do IGVS en Pontevedra

16/04/21 | 14:42

A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de oito vivendas de promoción pública en Cerdedo-Cotobade

Trátanse de vivendas integradas nun grupo de 10 inmobles que o Instituto Galego da Vivenda e Solo está a rehabilitar, cun investimento previsto de máis de 1 M€

16/04/21 | 13:48

A Xunta insiste na necesidade de reformar o Código penal para desalentar as ocupacións e devolver as vivendas aos seus propietarios

Ángeles Vázquez presentou as conclusións e contido dos ditames elaborados por expertos penalistas a petición da Xunta, para poñer enriba da mesa solucións a este fenómeno, ante a pasividade e permisividade do Goberno central

15/04/21 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informa aos traballadores socias das liñas de axudas para o pago de alugueiros que contan con 10 millóns de euros

A Xunta ten abertos catro programas de axudas directas para o pago de alugueiros para persoas que se atopen nunha situación económica delicada

14/04/21 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén anima aos veciños a solicitar as axudas dos programas de mellora de eficiencia enerxética e de accesibilidade a vivendas

O delegado territorial salientou que a Xunta puxo en marcha de novo este ano o programa de axudas para facilitar a propietarios e empresas construtoras financiamento para executar obras para a conservación, a mellora da seguridade e a accesibilidade de vivendas