Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Transporte:

14/01/22 | 20:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola volta ciclista “O gran Camiño” como punto de partida da gran peregrinación a Galicia no 2022

O Goberno galego celebra a recuperación da carreira galega, que terá lugar do 24 ao 27 de febreiro, como escaparate do potencial turístico de Galicia en pleno Xacobeo

10/01/22 | 12:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presentará a Galicia en Fitur como destino aberto ao turismo internacional da man do Xacobeo

Nun stand de máis de 1.000 metros cadrados confluirán os valores tradicionais da oferta turística galega coa imaxe dunha Galicia nova en constante transformación, co Camiño de Santiago como eixo central

09/01/22 | 11:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo Pedagóxico reúne nunha exposición materiais escolares sobre o fenómeno Xacobeo desde 1881

A mostra ‘Santiago. Peregrinación, cidade, escola’ percorre 123 anos a través dunha escolma de recursos docentes empregados nas aulas desde a Restauración ata principios do S XXI

08/01/22 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A piques de rematar as obras de mellora do albergue de Ribadeo, no que a Xunta inviste máis de 48.000 euros

Esta actuación está integrada no Plan de obras e melloras nos albergues da rede pública no Camiño de Santiago, que suporá a posta a punto doutros 13 inmobles da provincia

04/01/22 | 20:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recibe o segundo ano do Xacobeo coa iluminación de máis dun cento de monumentos en 75 localidades de 6 países

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou a iluminación na Casa do Concello de O Porriño no marco da iniciativa #AcendeOXacobeo

01/01/22 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Camiño de Santiago supera tódalas expectativas e pecha o ano con case 180.000 Compostelas

A peregrinación nas rutas xacobeas consolidouse no primeiro ano do Xacobeo e as 140.000 Compostelas previstas para 2021 xa se acadaron o pasado setembro

31/12/21 | 19:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta dá a benvida á segunda parte deste Ano Santo dobre e invita a camiñar a Galicia en 2022

O gaiteiro Carlos Núñez actuou no acto videomusical “Camiña a Galicia.Feliz Xacobeo 2022” e presentou o espectáculo de vídeo mapping na fachada da Porta Santa con efectos especiais 3D, cor e son

28/12/21 | 18:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforzará máis dun 23% o investimento en patrimonio cultural no novo ano Xacobeo

Farase especial fincapé no Plan Catedrais, os xacementos arqueolóxicos, bens etnográficos e os BIC do Camiño

28/12/21 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Catedral de Santiago acollerá unha actuación de luz, cor e música para dar a benvida á segunda parte do Xacobeo

A fachada da Quintana iluminarase nun espectáculo de videomapping con efectos especiais 3D, cor e son e servirá para darlle a benvida ao segundo Ano Santo deste Xacobeo

28/12/21 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a 15 edificios da provincia de Lugo a iluminación ornamental de benvida ao Ano Santo 2022

O delegado territorial, Javier Arias, subliña o éxito da iniciativa “Acende o Xacobeo”, que reedita tamén por segundo ano o concurso fotográfico