Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

13/08/22 | 13:15 | C. de Sanidade

Máis de 200.000 pacientes galegos beneficiáronse xa das esperas máximas marcadas pola Lei de garantías de prestacións sanitarias da Xunta

A norma garante, para patoloxías graves, o acceso a unha primeira consulta de especialista e a unha proba diagnóstica en menos de 45 días; e a unha intervención cirúrxica en menos de 60 días

12/08/22 | 12:46 | C. de Sanidade

O delegado territorial da Xunta supervisa as obras que se realizaron nos centros de saúde de Amoeiro e Vilardevós

Gabriel Alén explicou que as obras de Amoeiro consistiron na rehabilitación da súa cuberta a través dun convenio entre Xunta e Concello que foi asinado o pasado ano cun importe de preto de 14.700 euros
 

12/08/22 | 12:12 | C. de Sanidade

A Xunta completa o proceso de adquisición de 34 novos equipos TAC para os hospitais públicos galegos

O Sergas adxudicou contratos por valor de 21,1 millóns de euros para renovar os equipos de tomografía axial computerizada (TAC) dos 14 hospitais galegos

12/08/22 | 10:14 | C. de Sanidade

O Sergas publica a relación definitiva e a resolución do concurso de traslados na categoría de facultativo de cirurxía ortopédica e traumatoloxía e medicina interna

A anticipación da resolución do concurso de traslados nestas especialidades posibilitará a pronta incorporación dos profesionais seleccionados no concurso-oposición

11/08/22 | 10:33 | C. de Sanidade

A Xunta renovará a normativa de horarios e gardas de oficinas de farmacia de hai 20 anos para adaptala ás necesidades actuais e garantir a cobertura

Preténdese garantir á cidadanía o coñecemento dos horarios e de que establecementos van cumprir os requisitos de estar abertos as 24 horas, igualándoos nas catro provincias.

10/08/22 | 13:50 | C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha un protocolo de actuación ante casos sospeitosos de submisión química na sanidade pública galega

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, recibiu do director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, o documento para sometelo a alegacións do Observatorio Galego da Violencia de Xénero
 

10/08/22 | 10:54 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.201 casos activos por coronavirus

Un total de 665.975 pacientes xa están curados
 

08/08/22 | 13:54 | C. de Sanidade

A Xunta terá no vindeiro ano unha nova unidade móbil de doazón de sangue na área sanitaria de Ourense

A Consellería de Sanidade vén de adxudicar o contrato desta nova unidade móbil, por un importe de 353.380 euros

08/08/22 | 11:12 | C. de Sanidade

A Xunta inicia o trámite da lei que estenderá a provisión por concurso de méritos ás prazas de difícil cobertura en atención primaria, hospitais comarcais e saúde mental

O texto do Anteproxecto de Lei publícase hoxe no portal de transparencia con carácter de urxencia para a presentación de suxestións nun prazo de 7 días hábiles

08/08/22 | 10:41 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.481 casos activos por coronavirus

Un total de 665.387 pacientes xa están curados