Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

02/02/22 | 15:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa 38 quilos de percebe nun dispositivo en Vigo

Foi identificada unha persoa contra a que se levantou unha acta de infracción e a mercadoría intervida repartiuse entre centros benéficos do Concello de Vigo

01/02/22 | 12:39

A Xunta destaca o peso de Galicia no reforzo da igualdade de condicións do acordo pesqueiro entre España e Portugal

O acordo en vigor, selado en xuño de 2021, introduce por primeira vez a obriga para a frota de arrastre de respectar os horarios establecidos para esta modalidade nas augas do outro país, que se une á existente desde 2014 de efectuar as descargas nos horarios fixados pola lexislación do país no que se fagan, o que elimina as diverxencias que existían neste eido entre as frotas española e lusa

31/01/22 | 12:43

Rosa Quintana advirte á Unión Europea da probable entrada en perdas da frota pesqueira se se materializa a eliminación das bonificacións aos combustibles

Un informe encargado pola Xunta mostra que a supresión das rebaixas fiscais dos carburantes provocaría que boa parte da frota galega deixase de ser rendible ao tempo que destaca a baixa pegada de carbono da actividade marítimo-pesqueira dentro da produción de alimentos

30/01/22 | 10:13

Alumnos da Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira fórmanse en protección marítima da man da Armada para facer fronte a episodios como a piratería

Instrutores do Terzo Norte de Infantería Mariña con experiencia en augas de Somalia amosaron aos estudantes do centro ribeirense diferentes exercicios e prácticas efectivas contra as posibles ameazas que poidan vivir os buques de pesca

29/01/22 | 10:54

A mellora da clasificación microbiolóxica de catro zonas de produción de moluscos de Galicia facilitará o labor do sector

Dúas desas áreas de traballo pasan de ser zona B, que require enviar o produto a unha depuradora, a ser zona A, polo que pode comercializarse directamente a través dun centro de expedición

28/01/22 | 13:20

O labor da Xunta na loita contra o furtivismo permitiu incautar máis de 26.500 útiles no 2021

Este traballo tamén posibilitou o comiso de máis de 61.600 quilos de distintas especies de peixe e marisco

23/01/22 | 11:52

O centro a Aixola oferta preto de 130 prazas en distintas accións formativas para o sector pesqueiro

As clases son gratuítas, desenvolveranse entre marzo e decembro deste ano e a prescrición está aberta e pode facerse a través da páxina web do centro

20/01/22 | 16:38

As empresas galegas de transformación e de cultivo de produtos do mar reciben preto de 10 M€ en axudas para paliar as perdas de ingresos en 2020 pola covid-19

A Xunta apoia así as firmas destes dous sectores que entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro do primeiro ano da pandemia rexistraron perdas de polo menos un 20% en relación á media de facturación nos tres anos anteriores

20/01/22 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial enogastronómico de Galicia para atraer turistas e reforzar a comunidade como destino de calidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron na presentación de “Galicia sabe a estrelas” con recoñecidos chefs, onde destacaron a excelencia da cociña galega grazas á calidade dos produtos e a profesionalización do sector

19/01/22 | 13:59

Galicia destina 7,4 M€ a proxectos para equipar e modernizar os portos, lonxas e lugares de desembarque de produtos do mar

O Diario Oficial de Galicia publicará nas vindeiras semanas a convocatoria de 2022 destas axudas para actuacións que contribúan a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións dependentes das confrarías, as condicións de traballo dos pescadores e a calidade e control dos produtos desembarcados