Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Lingua:

16/07/21 | 18:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na reunión do Comité de Ministros da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) na que España ingresa como Estado "asociado"

A incorporación de España como "asociado" na CPLP foi unha demanda da Xunta tras un período de case tres anos de contactos

16/07/21 | 11:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

85 concellos benefícianse das axudas da Xunta para promover o galego desde o ámbito local

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade reforza a convocatoria deste ano cun orzamento de 350.000 euros, o que supón un incremento do 40% con respecto a convocatorias anteriores

13/07/21 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta renova o apoio a Culturgal para contribuír á recuperación da súa esencia como feira

O evento, que terá lugar en Pontevedra do 26 ao 28 de novembro, volve contar coa implicación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade como principal entidade patrocinadora cunha achega económica de 65.000 euros

10/07/21 | 13:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta súmase en Barcelona á conmemoración do 30º aniversario de Fegalcat

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe nos actos, que incluíron unha ofrenda floral ao pé do busto de Rosalía en Mollet del Vallès

07/07/21 | 12:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O programa da Xunta '21 días co galego e +' promoveu a dinamización da lingua en máis de 9.000 escolares e 24 centros desde a súa posta en marcha

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, fai balance no Parlamento desta iniciativa presente en varios colexios galegos desde hai tres anos

06/07/21 | 14:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora no regreso aos escenarios da banda de rock galego Os Resentidos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Antón Reixa presentaron o primeiro concerto da xira Operación Nautilus, que acolle Portosín este sábado

02/07/21 | 19:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García acompaña a Beatriz G. Turnes na presentación de 'Esta noite hei de ir a verte'

O secretario xeral de Política Lingüística saudou a publicación valorando “a importancia de fomentar o uso da lingua galega na mocidade”

02/07/21 | 14:58 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta entrega os premios de Lingua de Namorar, o concurso de mensaxes de amor en galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, recibiron hoxe aos gañadores nun acto que se celebrou no Pazo de San Roque

01/07/21 | 13:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez eloxia o papel da feira do libro de Vigo como "motor intelectual e creativo"

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade inaugurou hoxe XLVII edición da mostra que se celebrará ata o 10 de xullo na rúa Príncipe cunha ducia de casetas

25/06/21 | 12:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional