Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Industria:

20/10/21 | 15:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con 12,2M€ para que Stellantis Vigo teña unha gama completamente electrificada en 2025

Cun investimento total de 22,3M€, Facendo 4.0 é un proxecto orientado ao desenvolvemento da fábrica do futuro, que inclúe unha ambiciosa estratexia de electrificación de cara ao próximo lustro e prevé a creación de 50 postos de traballo

19/10/21 | 13:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 27,4 millóns de euros nos orzamentos do próximo ano para a consolidación do Polo Aeroespacial de Galicia

O obxectivo do Goberno galego é afianzar a pegada industrial do polo, impulsar a comercialización de novos produtos e crear emprego cualificado

18/10/21 | 17:58 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Máis dun 13% das empresas galegas conta con perfís dixitais

Galicia ocupa a segunda posición estatal en empresas que contratan especialistas en Intelixencia Artificial

15/10/21 | 12:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta reduce á metade os prazos de tramitación dunha planta de biometano en Ourense tras declarar a súa construción iniciativa empresarial prioritaria

A execución do proxecto suporá a creación de 16 postos de traballo, sumando investimentos por valor de 8,27 millóns de euros

14/10/21 | 16:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia apoia en Bruxelas un sistema de protección xeográfica para os produtos industriais e artesanais

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 146º pleno do Comité Europeo das Rexións

13/10/21 | 17:41

A Xunta comprométese a desenvolver 'unha busca activa' de posibles compradores para Vestas co fin de manter a produción na Mariña e salvagardar o emprego

Lorenzana lamentou que a empresa rexeitara as axudas económicas que a Xunta e o Estado ofreceron hoxe para apoiar a transformación industrial da factoría de Viveiro e, deste xeito, continuar coa súa actividade económica

11/10/21 | 12:15 | C. de Economía e Industria

Tres empresas de Artesanía de Galicia, entre as finalistas dos Premios Nacionais 2021

O obradoiro Variopinto (Santiago de Compostela), especializado en bordado, e o de xoiería Rígido (A Coruña) competirán polo Premio Emprendemento, mentres que o compostelán Noroeste Obradoiro opta ao Premio Produto pola súa colección de xoias Línea

05/10/21 | 19:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta esixe que o proxecto industrial que presente Vestas como alternativa á produción de Viveiro terá que garantir o mantemento do 100% do emprego

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acudiron á primeira xuntanza da mesa industrial de Vestas, á que tamén asistiron representantes do Estado, da compañía, do comité de empresa e dos sindicatos

04/10/21 | 12:07 | C. de Economía e Industria

Conde destaca a aposta de CIMAlab pola innovación e o talento, o que lle supón unha vantaxe competitiva

Apunta que CIMALab é o único Servicio Técnico Oficial de legalización de reformas e homologación de vehículos en Galicia designado, tamén, como Servizo Técnico Europeo

29/09/21 | 15:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama a implicación do Goberno para reverter a situación actual de Vestas e manter o emprego na fábrica de Viveiro

Pide ao Goberno que se sume á mesa industrial acordada o pasado luns na reunión cos traballadores para identificar posibles solucións de forma conxunta a un problema xerado pola errática transición enerxética que se está a desenvolver a nivel estatal