Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

03/11/21 | 16:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con máis de 58.400 € o funcionamento e a dotación de equipamento dos servizos de emerxencias de Curtis

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Curtis que da atención a este municipio e aos de Sobrado, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras e Aranga

02/11/21 | 11:23 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 129 persoas por 92 accidentes de circulación durante a ponte de Todos os Santos

Desde as 15,00 horas do venres, 29 de outubro ata as 23,59 horas do luns, 1 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 115 chamadas por accidentes de tráfico

29/10/21 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal no litoral das provincia da Coruña e Pontevedra

Agárdase vento do sur de forza 7 a 8 que afectará ao oeste e suroeste da provincia da Coruña e á costa de Pontevedra partir das 20.00 horas de hoxe

27/10/21 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coordina con éxito un simulacro de activación do Plan de emerxencia exterior da empresa Foresa en Vilagarcía

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, participaron na actuación xunto con 30 persoas para comprobar a coordinación en caso de emerxencia real e mellorar a resposta do Plan

26/10/21 | 17:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López garante o “máximo apoio” da Xunta a Protección Civil de Lalín no acto de entrega de carnés a once voluntarios

O delegado territorial en Pontevedra, acompañado polo alcalde, José Crespo, visita a sede da agrupación e formaliza a incorporación de novos integrantes ou a renovación da identificación dalgúns membros da entidade, que conta con 25 efectivos

26/10/21 | 15:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agradece ás forzas de seguridade o seu labor para velar polo cumprimento das medidas de prevención fronte á covid-19

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu a reunión da Sala de Control de Operativos (Sacop), que remata a súa función unha vez finalizada a situación de emerxencia sanitaria en Galicia

26/10/21 | 10:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
20/10/21 | 18:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta móstrase satisfeita tralo visto bo da Deputación de Ourense a aumentar o persoal nos GES de Lobios, Muíños, Laza, Ribadavia e Avión

O Goberno galego mantivo unha xuntanza coas deputacións provinciais e coa Fegamp no marco da Comisión de Seguimento dos GES para aumentar o persoal para que tódolos grupos da comunidade conten con 12 integrantes, o que supón a contratación de 48 persoas

20/10/21 | 17:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta forma este ano un centenar de axentes de Policía Local e medio cento de mandos policiais dos concellos que delegaron o proceso na Agasp

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asegurou hoxe no Parlamento de Galicia que, nos catro anos de vixencia do acordo, a Xunta foi quen de atender todas as peticións de prazas que chegaron dos 89 concellos adheridos

19/10/21 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón un aumento de persoal nos GES de Mos/Redondela, A Estrada e Lalín para que conten con 12 efectivos

O Goberno galego proporá mañá ás deputacións provinciais e á Fegamp no marco da Comisión de Seguimento dos GES aumentar o persoal para que tódolos grupos da comunidade conten con 12 integrantes, o que suporía a contratación de 48 persoas para completar os GES que ata agora tiñan 6, 9 ou 10 membros