Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O deporte galego comeza 2022 a pleno rendemento convocando as subvencións para clubs e equipamento e asinando os convenios federativos
En total serán 2 millóns de euros para as subvencións a clubs, un 4% máis que en 2021 e 700.000 euros para as subvencións para a adquisición de equipamentos
O Campo de Regatas David Cal, en Verducido, confirma a súa posición de referente nacional e internacional cunha visita do Goberno balear
O embalse de Pontillón de Castro está a acoller os programas de alto rendemento do caiac feminino e de canoa masculina e feminina da Real Federación Española de Piragüismo
A Xunta formaliza a cesión da antiga caseta de Legoeiros, en Ribadeo, para uso da Sociedade de Caza de Remourelle
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cede durante 30 anos o uso do inmoble, localizado na parroquia de Arante, á entidade de caza lucense, integrada por 140 membros que exercen a súa actividade nos concellos de Ribadeo e Barreiros
Un total de 259 deportistas galegos de alto nivel recibiron axudas por importe de 430.850 euros neste 2021
Sumando a convocatoria ordinaria que vén de ser resolta no día de onte (180.850 euros para 219 deportistas) coa convocatoria extraordinaria para os Xogos de Toquio (250.000 euros para 40 deportistas)
Maior transparencia, igualdade e garantías cos novos criterios dos regulamentos electorais das federacións deportivas aprobados polo Consello
Os membros da asemblea ou presidentes non serán elixibles no caso de inhabilitados para o desempeño dun cargo público ou de representación por sentenza xudicial firme
A Xunta sobe o importe dos convenios das federacións deportivas máis dun 7% acadando os 4,7 M€, o importe máis elevado desde 2010
Ademais tamén se aprobou a modificación dos límites e das porcentaxes dos pagamentos anticipados para que todas as federacións deportivas de Galicia poidan desfrutar do cen por cen do pagamento de xeito anticipado
A Xunta finaliza a primeira edición da Liga Galega de Break, que contou con 62 participantes e dez sedes
Leváronse a cabo dúas categorías: iniciación e avanzada
Lete Lasa destaca a capitalidade da pista de atletismo da USC e a súa capacidade para acoller probas internacionais
Hai un mes, o Consello da Xunta daba luz verde ao convenio de colaboración para a renovación e o acondicionamento da pista do Campus Vida por medio millón de euros segundo o que a Xunta achegará o 35% do orzamento global, a mesma contía que a Deputación da Coruña, e o Concello de Santiago o 30% restante
A Xunta destina ao deporte lucense 1,1 millóns de euros para a loita contra a pandemia e a súa reactivación
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Secretaría Xeral para o Deporte distribuíu 386 axudas directas na provincia
A Xunta de Galicia destina ao deporte ourensán máis de 1,1 millóns de euros para a loita contra a pandemia e a súa reactivación
O delegado territorial detallou as partidas da Secretaría Xeral para o Deporte que consistiron en 218.222 euros repartidos entre 91 entidades deportivas ourensáns para a Implementación de medidas de seguridade como consecuencia da Covid-19