Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

05/01/22 | 14:58 | Secretaría Xeral para o Deporte

O deporte galego comeza 2022 a pleno rendemento convocando as subvencións para clubs e equipamento e asinando os convenios federativos

En total serán 2 millóns de euros para as subvencións a clubs, un 4% máis que en 2021 e 700.000 euros para as subvencións para a adquisición de equipamentos

04/01/22 | 18:31 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Campo de Regatas David Cal, en Verducido, confirma a súa posición de referente nacional e internacional cunha visita do Goberno balear

O embalse de Pontillón de Castro está a acoller os programas de alto rendemento do caiac feminino e de canoa masculina e feminina da Real Federación Española de Piragüismo

03/01/22 | 13:03

A Xunta formaliza a cesión da antiga caseta de Legoeiros, en Ribadeo, para uso da Sociedade de Caza de Remourelle

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cede durante 30 anos o uso do inmoble, localizado na parroquia de Arante, á entidade de caza lucense, integrada por 140 membros que exercen a súa actividade nos concellos de Ribadeo e Barreiros

30/12/21 | 15:38 | Secretaría Xeral para o Deporte

Un total de 259 deportistas galegos de alto nivel recibiron axudas por importe de 430.850 euros neste 2021

Sumando a convocatoria ordinaria que vén de ser resolta no día de onte (180.850 euros para 219 deportistas) coa convocatoria extraordinaria para os Xogos de Toquio (250.000 euros para 40 deportistas)

29/12/21 | 13:23 | A Presidencia da Xunta

Maior transparencia, igualdade e garantías cos novos criterios dos regulamentos electorais das federacións deportivas aprobados polo Consello

Os membros da asemblea ou presidentes non serán elixibles no caso de inhabilitados para o desempeño dun cargo público ou de representación por sentenza xudicial firme

25/12/21 | 17:05 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta sobe o importe dos convenios das federacións deportivas máis dun 7% acadando os 4,7 M€, o importe máis elevado desde 2010

Ademais tamén se aprobou a modificación dos límites e das porcentaxes dos pagamentos anticipados para que todas as federacións deportivas de Galicia poidan desfrutar do cen por cen do pagamento de xeito anticipado

25/12/21 | 13:09 | C. de Política Social e Igualdade
23/12/21 | 15:49 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a capitalidade da pista de atletismo da USC e a súa capacidade para acoller probas internacionais

Hai un mes, o Consello da Xunta daba luz verde ao convenio de colaboración para a renovación e o acondicionamento da pista do Campus Vida por medio millón de euros segundo o que a Xunta achegará o 35% do orzamento global, a mesma contía que a Deputación da Coruña, e o Concello de Santiago o 30% restante

23/12/21 | 13:48 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destina ao deporte lucense 1,1 millóns de euros para a loita contra a pandemia e a súa reactivación

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Secretaría Xeral para o Deporte distribuíu 386 axudas directas na provincia

23/12/21 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia destina ao deporte ourensán máis de 1,1 millóns de euros para a loita contra a pandemia e a súa reactivación

O delegado territorial detallou as partidas da Secretaría Xeral para o Deporte que consistiron en 218.222 euros repartidos entre 91 entidades deportivas ourensáns para a Implementación de medidas de seguridade como consecuencia da Covid-19