Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

28/09/22 | 11:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove 11 funcións escénicas en Carballo, Vimianzo e Cee durante o segundo semestre do ano a través da rede galega de teatros e auditorios

Este circuíto de exhibición de espectáculos, coordinado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, reforza con catro funcións o programa do ‘Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)’ de Carballo

27/09/22 | 16:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
27/09/22 | 15:14 | A Presidencia da Xunta

Rueda anima a visitar a exposición sobre Laxeiro no Gaiás para coñecer máis de preto un dos pintores galegos máis importantes do século pasado

O titular do Goberno galego salienta que Galicia “inspirou ao Laxeiro máis universal” e destaca a combinación constante na súa obra “entre renovación e paixón pola cultura popular galega”
 

26/09/22 | 17:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O xurado do Premio Otero Pedrayo outorga o galardón deste ano a Ángel Carracedo pola súa traxectoria na investigación médica e científica

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participan na xuntanza do galardón promovido pola Xunta e as catro deputacións

26/09/22 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias presenta o festival “Galicia Ilusiona” que chegará a Vigo en outubro como referente mundial da maxia da man do Xacobeo

A delegada territorial da Xunta destaca a iniciativa que ten como obxectivo levar e encher de ilusión toda a comunidade como reclamo turístico

26/09/22 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña a revitalización do rural impulsada polos 15 primeiros proxectos do fondo Territorio Cultura da Xunta

O conselleiro reúnese cos responsables das propostas subvencionadas ao abeiro deste programa para coñecer de primeira man o seu traballo a prol da ampliación e diversificación da oferta cultural nas áreas non urbanas

25/09/22 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia festexa con música e poesía o Día Europeo das Linguas

O Festival ‘Maré, Músicas e Artes Atlánticas’ acolle hoxe distintas actuacións de artistas galegos, nacionais e internacionais con motivo da efeméride

23/09/22 | 12:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá 500.000 euros na rehabilitación da Fonte de troncoso, cuxos primeiros traballos se licitarán en Novembro

De modo inicial actuarase para consolidar a estrutura do manancial e incorporar medidas de seguridade

23/09/22 | 11:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás abre as 'Matinais Musicais' de outono con canto tradicional xaponés para celebrar o irmandamento do Camiño de Santiago coa ruta Shikoku Henro

A artista internacional de teatro Noh, Ryoko Aoki e o dúo de pianistas Haruna Takebe e David Durán, de Vertixe Sonora, serán os intérpretes deste recital