Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia repite como a comunidade española con máis sendeiros azuis, cun total de 29 que se estenden ao longo de máis de 220 Km
Belén do Campo salienta que case a metade dos 474 km de itinerarios azuis de todo o país están en Galicia, un recoñecemento que sumado ás 112 bandeiras outorgadas ás praias, consolidan a súa posición entre as rexións do mundo con máis distintivos
A Xunta entrega 7.500 € en premios aos colexios gañadores da terceira edición do concurso ‘Pilabot’
Sagrario Pérez subliña o compromiso e o esforzo do alumnado participante por manter e mesmo superar as ratios de recollida acadadas nas dúas campañas anteriores, manténdose por riba das 50 tn e cunha media de 1,5 kg por cada alumno participante
A Xunta e Ecoembes impulsan o concerto que ofrecerá ‘A Música da Reciclaxe’ en homenaxe a todos os ecoperegrinos que coidan do Camiño de Santiago
Co gallo do Día mundial do Medio Ambiente, o vindeiro 5 de xuño, a orquestra actuará ás 12,30 h no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela, con entrada de balde
Ángeles Vázquez insta ao Goberno central a 'reflexionar sobre o lobo, reconectar co rural e restaurar aos gandeiros' polos danos da súa decisión
Lamenta a “nula sensibilidade” do Executivo estatal co mundo rural e cos gandeiros que durante anos propiciaron e garantiron a protección do lobo ibérico en España
A Xunta identifica os 7 parques galegos coa variedade natural e paisaxística da comunidade e anuncia 8,4 M€ en investimentos para seguir coa súa posta en valor
Ángeles Vázquez salienta o “papel crucial” que desempeñan os máis de 100 traballadores ao servizo destes espazos naturais para garantir a súa protección e divulgar os seus valores entre as persoas que cada anos os visitan
A Xunta impulsa o coidado do medio ambiente entre o alumnado galego a través do voluntariado
O CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal pon en marcha un proxecto para fomentar entre as nenas e nenos o respecto pola natureza, a reciclaxe e a recollida de lixo
Trenor anuncia a licitación por máis de 282.000 € das obras do by-pass no río Anllóns na zona de Muíño do Quinto, en Carballo
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou a zona na que se vai a levar a cabo esta actuación que se inclúe dentro das obras previstas para reducir o risco de inundacións neste río e ás que se destina un investimento global de 3 millóns de euros
A Xunta concede 800.000 € en axudas a 42 concellos para mellorar a imaxe exterior e os impactos paisaxísticos en edificios e equipamentos municipais
En total, outorgáronse 53 subvencións por un importe máximo de 20.000 € e houbo 11 municipios que recibiron dúas axudas, unha por cada liña prevista na orde
Axentes medioambientais da Xunta localizan os cadáveres de dous cans que foron arroxados ao río Tea en Covelo
O presunto autor dos feitos xa prestou declaración en calidade de investigado tras ser identificado grazas á colaboración entre os funcionarios da Xunta e do Seprona da Garda Civil, que se encargará a partir de agora de seguir coa investigación
A Xunta duplica o orzamento destinado ao Ceida para consolidar a súa posición de referencia no eido da educación ambiental
Ángeles Vázquez felicita á entidade por repetir un ano máis como centro azul, en recoñecemento ao seu “excelente labor” de divulgación e concienciación social