Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

16/01/20 | 11:23 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta invistiu máis de 329.000€ para renovar e dotar de novos servizos ao espazo deportivo de A Galea en Miño

Ovidio Rodeiro comprobou o resultado das obras que xa foron entregadas ao concello e que se inclúen dentro das actuacións do plan Hurbe

15/01/20 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ovidio Rodeiro anuncia a licitación do itinerario peonil na estrada AC-524 en Ordes cun investimento de 650.000 €

O delegado territorial visitou a zona na que está previsto que se leve a cabo esta actuación de 1,3 km que conectará co albergue de peregrinos

15/01/20 | 11:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza o inicio este verán das obras do enlace de Areas, na VAP do Baixo Miño, cun investimento de 21,2 millóns de euros

Vázquez Mourelle destaca que o remate destas actuacións se prevé para finais do ano 2021 ou comezos do 2022

14/01/20 | 15:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita hoxe a construción dunha senda peonil e ciclista na estrada LU-633 en Portomarín, cun orzamento de 284.500 euros

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que se construirá un itinerario de 260 metros para mellorar a seguridade dos peregrinos e dos peóns en xeral ao percorrer un treito polo que discorre o Camiño Francés

14/01/20 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Infraestruturas saca a licitación o proxecto da nova senda de Pardavila na PO-313 en Marín

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, visitou esta mañá esta estrada, destacando que se trata dunha senda de dous quilómetros pola marxe esquerda desta estrada autonómica, dende a saída de Marín e conectando coas beirarrúas existentes ata Pardavila, unha vez pasado o enlace da variante de Marín

14/01/20 | 11:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de construción dunha senda peonil e ciclista na estrada AC-249, que conectará a praia de Laxe e o paseo marítimo

Esta actuación supón un investimento duns 225.000 euros e ten un prazo de execucións previsto de 3 meses

14/01/20 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez trasladalle ao alcalde de Oza-Cesuras os avances nos proxectos de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica AC-840, en Porzomillos e no acceso a Carraceda

O investimento autonómico previsto nas obras supera os 429.000 euros, incluíndo o pagamento dos terreos necesarios para a súa execución

13/01/20 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Concello de Sober colaboran na construción dunha pasarela peonil entre a casa consistorial e a Cámara Agraria

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as actuacións levadas a cabo grazas á Orde de Infraestruturas da Vicepresidencia

13/01/20 | 14:42 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade e a alcaldesa de Moaña avanzan nas negociacións cara a construción do novo centro de saúde

Logo da reunión de hoxe, en próximos días o Sergas enviará ao concello a redacción do novo convenio de colaboración entre ambas administracións