Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

22/01/20 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Infraestruturas licita as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-551 ao seu paso por Marín e Bueu

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou a zona onde se van a executar as obras, recordando que se executarán dúas glorietas nas zonas de Lapamán e Agrelo en Bueu e tamén se mellorará unha intersección no Concello de Marín

22/01/20 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A estrada LU-530, ao seu paso por Castroverde, rexistrará mañá un corte de tráfico por mor da retirada de árbores nas marxes da vía

O corte efectuarase no treito da estrada comprendido entre os puntos quilométricos 9+800 e 13+450, dende as 9 ata as 18 horas

21/01/20 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a redacción do proxecto construtivo para a ampliación e a mellora da ponte para peóns en Baio, na que investirá máis de 405.000 euros

Francisco Menéndez explicoulle ao rexedor que foi necesaria a modificación do proxecto para acadar o visto bo da Comisión Provincial de Patrimonio, que xa emitiu a resolución favorable

21/01/20 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conclúe o proxecto de construción dunha senda peonil en Vilar de Cas e Guimil, en Muíños, cun investimento de case 210.000 euros

Os traballos, que disporán dun prazo de execución de seis meses, teñen como obxectivo a mellora da seguridade dos peóns nas estrada OU-302, naqueles tramos que carecen de beirarrúas

21/01/20 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca que o novo complexo intermodal de Pontevedra, coa mellora urbana da súa contorna, estará operativo e a disposición dos veciños e usuarios a finais deste ano

A reforma do edificio da estación de autobuses xa está en marcha e actuarase na fachada, na cuberta ou nos espazos interiores para acadar unhas instalacións máis accesibles, eficientes e esteticamente melloradas

20/01/20 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Cores Tourís anuncia a licitación da mellora da seguridade viaria na PO-552 en Tomiño e Tui

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou o núcleo de semáforos situado na intersección coa PO-344 en Tomiño

20/01/20 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre ao tráfico a estrada AC-303, na parroquia ribeirense de Oleiros, tras reparar as afeccións causadas polo temporal

A Axencia Galega de Infraestruturas, a través dos seus equipos de conservación, traballou de xeito intenso na fin de semana para retirar a antiga taxea, instalar a canalización e acometer a cobertura con formigón

20/01/20 | 13:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carmen Pomar visita o CEIP Otero Valcárcel de Carral, onde Educación investiu 714.000 € nas obras de rehabilitación integral

A actuación beneficia a preto de 460 alumnas e alumnos, que verán mellorado o seu confort no centro

17/01/20 | 18:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta formaliza o contrato para a construción do centro integral de saúde do barrio da Residencia, no que investirá 12 millóns de euros

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que se trata do último trámite para poder comezar as obras nas vindeiras semanas

16/01/20 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Infraestruturas licita as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-551 ao seu paso por Marín e Bueu

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou a zona onde se van a executar as obras, recordando que se executarán dúas glorietas nas zonas de Lapamán e Agrelo en Bueu e tamén se mellorará unha intersección no Concello de Marín