Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Infraestruturas licita as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-551 ao seu paso por Marín e Bueu
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou a zona onde se van a executar as obras, recordando que se executarán dúas glorietas nas zonas de Lapamán e Agrelo en Bueu e tamén se mellorará unha intersección no Concello de Marín
A estrada LU-530, ao seu paso por Castroverde, rexistrará mañá un corte de tráfico por mor da retirada de árbores nas marxes da vía
O corte efectuarase no treito da estrada comprendido entre os puntos quilométricos 9+800 e 13+450, dende as 9 ata as 18 horas
A Xunta remata a redacción do proxecto construtivo para a ampliación e a mellora da ponte para peóns en Baio, na que investirá máis de 405.000 euros
Francisco Menéndez explicoulle ao rexedor que foi necesaria a modificación do proxecto para acadar o visto bo da Comisión Provincial de Patrimonio, que xa emitiu a resolución favorable
A Xunta conclúe o proxecto de construción dunha senda peonil en Vilar de Cas e Guimil, en Muíños, cun investimento de case 210.000 euros
Os traballos, que disporán dun prazo de execución de seis meses, teñen como obxectivo a mellora da seguridade dos peóns nas estrada OU-302, naqueles tramos que carecen de beirarrúas
A Xunta destaca que o novo complexo intermodal de Pontevedra, coa mellora urbana da súa contorna, estará operativo e a disposición dos veciños e usuarios a finais deste ano
A reforma do edificio da estación de autobuses xa está en marcha e actuarase na fachada, na cuberta ou nos espazos interiores para acadar unhas instalacións máis accesibles, eficientes e esteticamente melloradas
Cores Tourís anuncia a licitación da mellora da seguridade viaria na PO-552 en Tomiño e Tui
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou o núcleo de semáforos situado na intersección coa PO-344 en Tomiño
A Xunta abre ao tráfico a estrada AC-303, na parroquia ribeirense de Oleiros, tras reparar as afeccións causadas polo temporal
A Axencia Galega de Infraestruturas, a través dos seus equipos de conservación, traballou de xeito intenso na fin de semana para retirar a antiga taxea, instalar a canalización e acometer a cobertura con formigón
Carmen Pomar visita o CEIP Otero Valcárcel de Carral, onde Educación investiu 714.000 € nas obras de rehabilitación integral
A actuación beneficia a preto de 460 alumnas e alumnos, que verán mellorado o seu confort no centro
A Xunta formaliza o contrato para a construción do centro integral de saúde do barrio da Residencia, no que investirá 12 millóns de euros
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que se trata do último trámite para poder comezar as obras nas vindeiras semanas
Infraestruturas licita as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-551 ao seu paso por Marín e Bueu
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou a zona onde se van a executar as obras, recordando que se executarán dúas glorietas nas zonas de Lapamán e Agrelo en Bueu e tamén se mellorará unha intersección no Concello de Marín