Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

04/02/20 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ratifica todos os compromisos co Concello da Cañiza para mellorar a mobilidade, a seguridade viaria ou o servizo de abastecemento de auga aos veciños

A Xunta, tal como se comprometera co anterior Goberno municipal, vai contratar a redacción do proxecto dun novo trazado entre as vías PO-406 e EP-5003 que evite a circulación de vehículos pesados polo centro urbano

03/02/20 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta as propostas de iluminación ornamental da ponte de Rande e solicítalle ao Ministerio que facilite a súa instalación o antes posible

A concesionaria da AP-9 atendeu a demanda do Goberno galego de impulsaar a iluminación da ponte e dispón de alternativas de tres empresas sobre as que debe decidir o Ministerio titular da autoestrada

01/02/20 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/02/20 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/02/20 | 10:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta participa en Porto na clausura do proxecto europeo Aqualitrans cumprindo os obxectivos para acadar sistemas máis eficientes e sostibles no funcionamento das depuradoras

O investimento destinado a este proxecto de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal sitúase en case 1 millón de euros

31/01/20 | 14:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Cores Tourís comproba o remate das obras de mellora de tres camiños rurais no concello de Ribadumia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que se inclúe dentro do Plan de Infraestruturas Rurais 2019-20, e que permitiu a reforma de tres viais en Coutos, Outeiral e Cruceiro Vello

31/01/20 | 14:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez trasládalle ao alcalde de Brión que a Xunta redactará o proxecto para acondicionar a estrada AC-543

O proxecto de mellora centrarase no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 8+380 e 9+780 da citada vía autonómica

31/01/20 | 14:03

Medio Ambiente e Concello de Melide completan a remodelación do Cantón de San Roque coa posta en servizo do novo parque infantil

A conselleira Ángeles Vázquez visitou esta mañá a zona para coñecer o resultado dos traballos executados nos últimos meses co fin de construír unha moderna área de recreo con xogos adaptados e capacidade para albergar a uns 80 nenos

30/01/20 | 17:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta informa ao Concello de Poio do conxunto de actuacións de mellora na seguridade viaria na estrada PO-308 nese municipio, cun investimento de máis de 6,5 millóns de euros

As obras da senda e da mellora de seguridade viaria no tramo entre Covelo e Raxó están moi avanzadas e prevese que nas vindeiras semanas as operadoras retranqueen as liñas de servizos que permitan rematar a obra

30/01/20 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acondicionará o cumio do Monte do Gozo no marco da mellora paisaxística dos camiños de Santiago para a celebración do Xacobeo 2021

Esta actuación complementará tanto a reforma do complexo turístico dos últimos anos como as obras en marcha de integración paisaxística das entradas das rutas xacobeas a Compostela