Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

11/02/20 | 15:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/02/20 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a renovación de luminarías da autovía AG-53 para mellorar ata nun 60% a súa eficiencia enerxética, cun investimento de máis de 120.000 euros

As empresas interesadas nesta actuación, que dispón dun prazo de execución de 2 meses, poderán presentar as súas ofertas ata as 14:00 horas do vindeiro día 24

11/02/20 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de nove empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora da seguridade viaria no contorno do parque empresarial da Pasaxe, en Gondomar, cun investimento de 435.000 euros

A intervención na vía que une O Porriño e Gondomar eliminará un treito de concentración de accidentes e supón un investimento autonómico de 435.000 euros

11/02/20 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre hoxe o prazo para que os concellos presenten proxectos de mellora de camiños no Plan marco, que investirá en Lugo 3 millóns de euros

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería do Medio Rural financia o acondicionamento de vías municipais que dean acceso a parcelas agrarias

10/02/20 | 15:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado dun novo treito de 8 quilómetros da vía de altas prestacións de Tui-A Guarda, entre Sobrada e Estás, no concello de Tomiño

A Administración autonómica abre un prazo desde mañá ata o 25 de marzo para que os interesados presenten as súas achegas, que serán analizadas co obxectivo de aprobar o trazado definitivo e o impacto ambiental a comezos de 2021

10/02/20 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras do novo aparcadoiro de Conxo, que se acompasarán cos traballos de integración paisaxística do Camiño Portugués que se están a executar neste barrio compostelán

Esta intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezará o vindeiro mes de marzo, e supón un investimento de preto de 335.000 euros

10/02/20 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para a execución dunha senda peonil na estrada LU-115, no polígono industrial de Outeiro de Rei, cun investimento de máis de 285.000 euros

Esta intervención impulsada pola Consellería de Infraestruturas comezará o vindeiro mes de marzo e disporá dun prazo de execución de oito meses

10/02/20 | 11:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/02/20 | 18:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pecha co Concello do Porriño as bases do trazado da variante da estrada PO-510 co fin de mellorar a mobilidade dos veciños de Budiño e da contorna

A proposta, que xa se presentara ao Concello e aos veciños en outubro e estaba pendente de resposta por parte do municipio, consiste na execución dunha variante desta estrada para a conexión directa coa A-55

07/02/20 | 14:58

Medio Ambiente reserva case 65.000 metros cadrados no parque empresarial da Sionlla en Santiago

O Instituto Galego da Vivenda e Solo bloquea un total de sete parcelas para empresas do sector biotecnolóxico