Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

14/02/20 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de execución de dúas sendas peonis na estrada OU-536 ao seu paso por Santa Baia e As Vendas, nos concellos do Pereiro de Aguiar e Esgos

A Administración autonómica abre o prazo ata o 31 de marzo para que os interesados presenten as súa achegas e seguir a tramitación cara a licitar as obras

14/02/20 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Cores Tourís comprobou co alcalde de Rodeiro as obras de reforzo do firme na PO-533

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou os traballos invitado polo rexedor

14/02/20 | 11:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información publica unha senda peonil na estrada AC-424 ao seu paso polo Couto, no concello de Ponteceso, cun investimento de 270.000 euros

As persoas interesas poden presentar as súas achegas ao proxecto dende o vindeiro luns 17, e ata o día 31 de marzo

13/02/20 | 20:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez sinala a pasarela da Grela-Marineda como un exemplo da contribución da enxeñería á construción do territorio e á mellora da paisaxe

Salienta a necesidade de contar cunha “licencia social” para executar as infraestruturas, o que supón que se deseñen escoitando aos seus destinatarios e conseguindo que sexan entendidas por estes

13/02/20 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Membros da comisión técnica de zonificación de Vigo valoran positivamente a construción dun novo IES nos actuais Xulgados

Sinalan que a iniciativa da Xunta permitirá ampliar a oferta educativa en bacharelato e formación profesional e buscar un equilibrio dos rateos escolares

13/02/20 | 12:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ovidio Rodeiro informa que está aberta a convocatoria para solicitar as axudas do Plan marco para camiños rurais 2020-2021

A Consellería do Medio Rural destina este ano a este programa, cofinanciado ao 75% con fondos Feader, 3,7 millóns para os concellos da provincia da Coruña

13/02/20 | 10:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica o cambio de titularidade a prol do Concello de Poio dun treito da estrada provincial Peirao-Besada

O Concello e a Deputación de Pontevedra asinaron un convenio que incluía actuar sobre un tramo de 100 metros desta vía, e a posterior transferencia á Administración local

12/02/20 | 15:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Infraestruturas coordina coa xerencia da área sanitaria a mellora dos aparcamentos e vías dos hospitais de Ferrol, que comezará en verán e estará rematada este mesmo ano

No Hospital Naval renovarase o firme do vial perimetral e actuarase nuns 5000 m2 dos aparcamentos, e nos hospitais Arquitecto Marcide e Nóvoa Santos renovarase o firme nos treitos máis deteriorados, cun investimento de 200.000 euros

12/02/20 | 11:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a segunda fase de humanización da estrada AC-550, na travesía de Outes, cun investimento de 1,1 millón de euros

Trátase da reurbanización do tramo da Avenida de Fisterra, que permitirá gañar espazo para o uso público e mellorar a seguridade viaria na vía autonómica

12/02/20 | 11:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o anteproxecto de instalación dunha área de servizo na autovía AG-53, no tramo entre o Alto de Santo Domingo e a Autovía das Rías Baixas

Esta área situarase na marxe esquerda da autovía Dozón-Ourense, entre os puntos quilométricos 80+250 e 80+750, con acceso dende ambas as dúas marxes da vía