Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

08/08/21 | 11:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre a convocatoria dun programa pioneiro de formación e mentorización de mozos e mozas para a transición da vida académica á laboral

O Goberno galego destina 450.000 euros a esta iniciativa que conta coa colaboración das tres universidades galegas e da que se poderán beneficiar este ano 350 mozas e mozos que acaban de rematar os seus estudos

07/08/21 | 14:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anima á mocidade a peregrinar a Santiago e descubrir a riqueza espiritual do Camiño e do Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe ao acto de presentación de actividades da Peregrinación Europea da Xuventude que se celebrará en 2022 e no que están chamados a participar milleiros de mozos

06/08/21 | 14:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta desenvolve actividades de ocio e seguras para os máis novos en plena natureza no campamento de Pontemaril

Realizan actividades como piragüismo, piscina, kaiak ou bicicleta na natureza, ademais de actividades de supervivencia como carreiras de orientación, sendeirismo na montaña ou obradoiro de reciclaxe

06/08/21 | 13:37 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social pon en marcha o primeiro campo de voluntariado itinerante no Camiño Portugués

Entre as actividades deste campo desenvolto entre Tui e Santiago de Compostela, atópase o plogging, unha modalidade deportiva nórdica onde se mestura o running coa recollida do lixo do medio natural

05/08/21 | 14:08 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social destaca o valor da aprendizaxe do inglés a través de actividades ao aire libre

Realizan actividades como kaiak, bodyboard, ou sendeirismo, combinado con xogos de interpretación, recreacións teatrais, entre outras

04/08/21 | 13:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia de realizar actividades de ocio seguro para a mocidade galega como as que se realizan no campamento xuvenil da Devesa

Nestas instalacións lévanse a cabo actividades como surf, escalada en rocódromo, tiro con arco ou xincanas acuáticas

03/08/21 | 17:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Volve ‘O galego campa!’ con novas propostas para incidir na expresión e educación emocional da mocidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentaron hoxe a nova edición deste programa no Campamento Xuvenil Espiñeira

03/08/21 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias visita na Illa de San Simón aos mozos e mozas que participan no campo de voluntariado da Xunta

Os 12 participantes nesta proposta de ocio, enmarcada na campaña 'O verán que mereces', realizarán ata o vindeiro 13 de agosto labores de catalogación e conservación dos elementos patrimoniais e de apoio ás actividades culturais

03/08/21 | 12:41 | C. de Política Social e Igualdade

O Espazo Xove de Tui acolle a exposición ‘Xuventude crea. Máis dunha década’, que repasa os dez anos de vida deste programa

Este é o cuarto municipio galego que percorre a mostra, que xa estivo en Ribeira, Lalín e Vigo