Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Territorio:

25/10/20 | 13:00

Medio Ambiente adxudica por case 42.000 euros o acondicionamento da ruta do río Traba e aldea A Muiñeira de Xei, no concello de Noia

As obras, cofinanciadas con fondos Feader e cun prazo de execución de tres meses, consistirán en traballos de roza manual, na colocación de dúas mesas de madeira e na instalación de 24 fitos de sinalización ao longo do percorrido

20/10/20 | 14:41

Medio Ambiente adxudica por máis de 85.000 euros as obras de acondicionamento da contorna do edificio multiusos do Incio

Xunta e Concello asinaron este ano un convenio de colaboración en virtude do cal a Consellería asume o 70% do custo da obra e o Goberno local, o 30% restante

16/10/20 | 12:23

A Xunta investirá máis de 14,5 millóns na conexión do saneamento e urbanización da fase B do parque empresarial de Morás, en Arteixo

A empresa pública Xestur adxudicou a obra de conexión exterior do saneamento do polígono por un importe de máis de 5,11 millóns de euros

14/10/20 | 12:17

A Xunta mantén o seu compromiso co proxecto de rehabilitación e reforma de espazos públicos na contorna do auditorio de Vilalba

No ano 2018 o Instituto Galego da Vivenda e Solo propuxo unha intervención conxunta entre o Goberno galego e o local para recuperar a zona comprendida entre o Auditorio e a praza de Santa María, onde a Xunta posúe dous inmobles

07/10/20 | 13:59

A Xunta conclúe o trámite ambiental da modificación puntual do PXOM de Ribeira para ampliar o solo industrial urbanizable

A resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático establece unha serie de determinacións que o concello debe considerar antes de aprobar provisionalmente o plan e remitilo a continuación a Urbanismo

06/10/20 | 16:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Vigo visita as obras da Asociación de Veciños Camiño Vello e Cristo da Victoria en Coia

Marta Fernández-Tapias puxo en valor a decidida aposta do Goberno galego por fomentar o movemento veciñal, cunha liña de apoios para obras e equipamento que este ano beneficiou con máis de 623.700 euros a 47 entidades da área viguesa

30/09/20 | 18:49

Medio Ambiente estudará colaborar co Concello do Pereiro de Aguiar nun proxecto para rehabilitar tres núcleos do municipio

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta tarde co rexedor Luis Menor para analizar varios asuntos de interese municipal en materia urbanística e de reciclaxe

28/09/20 | 12:28

Medio Ambiente aproba o primeiro PXOM de Rubiá, que marcará o desenvolvemento urbanístico do concello nos próximos 20 anos

A conselleira Ángeles Vázquez asinou hoxe a orde de aprobación definitiva do novo planeamento, co que se pon fin a 12 anos de traballo a nivel municipal

25/09/20 | 11:45

Medio Ambiente licita por case 80.000 euros as obras de humanización de varias rúas de Xunqueira de Espadañedo

A plataforma de contratación da Xunta vén de facer pública este contrato, ao que se poden presentar ofertas ata o 14 de outubro

19/09/20 | 10:23

Medio Ambiente adxudica por case 58.000 euros o contrato para a pavimentación e mellora da rúa República Arxentina de Noia

Xunta e Concello asinaron en maio un convenio de colaboración en virtude do cal a Consellería asume o 70% do custo da obra e o Goberno local o 30% restante