Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

13/02/22 | 12:02

Mañá abre o prazo de matrícula para os exames de carácter libre das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente

As probas realizaranse en abril e maio no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

11/02/22 | 18:15

A pesca galega toma impulso en Francia ao aliarse coa rexión de Bretaña para defender os intereses comúns das dúas principais rexións pesqueiras da UE

A titular de Mar pide a Bruxelas que no desenvolvemento da economía azul haxa un equilibrio entre os aspectos medioambientais e pesqueiros e lembra a importancia de tratar con equidade a todos os sectores para evitar avances a distintas velocidades

09/02/22 | 14:50

Galicia avanza no deseño do Plan da Cultura Marítima para protexer o seu patrimonio e anima á cidadanía a participar para facelo o máis completo posible

O proxecto, impulsado pola Consellería do Mar, a Universidade da Coruña e a súa fundación, atópase agora na súa primeira fase referida á investigación, polo que nas próximas semanas poñeranse en marcha mesas participativas por diferentes puntos da costa para identificar e redactar as liñas de actuación por eixos estratéxicos

09/02/22 | 13:05

Galicia concedeu nos últimos cinco anos máis de 72 millóns de euros para a mellora das instalacións das pemes de transformación de produtos do mar

O Executivo autonómico subvenciona ata o 50% dos investimentos que realicen estas empresas e na convocatoria de 2022 deste tipo de axudas puxo a disposición deste sector 19 millóns de euros

08/02/22 | 19:07

Galicia aproba a estratexia de defensa dos intereses do seu sector marítimo-pesqueiro ante a revisión da Política Pesqueira Común

A titular de Mar agradeceu o inxente traballo dos membros do Consello Galego de Pesca para enriquecer un documento que é clave para definir as prioridades da comunidade e que sexan tidas en conta polas institucións europeas

08/02/22 | 15:40

A Xunta e as confrarías reiteran a súa vontade de diálogo e de retomar as mesas de traballo co sector bateeiro na busca dunha explotación sustentable da mexilla

A titular de Mar subliña que as negociacións neste eido comezaron en 2020 e que tanto o Executivo galego como as federacións de confrarías mantiveron en todo momento a súa máxima predisposición para acadar unha solución de consenso

08/02/22 | 12:21

Galicia estreita lazos coa Bretaña Francesa para impulsar a economía azul e defender os intereses do sector marítimo-pesqueiro na revisión da Política Pesqueira Común

A conselleira do Mar manterá distintos encontros coas autoridades desta rexión gala no marco do Foro de Rexións Costeiras, organizado pola Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas e a rexión francesa de Bretaña e que se celebra o venres en Brest

07/02/22 | 12:29

Galicia aposta pola innovación para avanzar na sustentabilidade da actividade marítimo-pesqueira

A titular de Mar animou ao sector a participar na convocatoria deste ano de axudas para mellorar as infraestruturas dos portos, lonxas e lugares de desembarque que está aberta ata comezos de marzo e á que a Xunta destina 7,4 millóns de euros

06/02/22 | 10:50

Galicia defenderá en Europa os intereses da pesca de fondo para evitar que novas restricións á súa actividade deriven na perda de buques e empregos

A conselleira do Mar e o presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo coincidiron na importancia de facer fronte aos plans de distintas institucións europeas para impoñer limitacións ao uso de determinadas artes en augas comunitarias

03/02/22 | 13:48

A Xunta congratúlase de que o Goberno central recoñeza a súa obriga de aboar as compensacións aos mariscadores do Burgo e así o recolla no acordo para tramitar os pagos

O Executivo galego lembra que defendeu desde o primeiro momento que é o promotor da obra quen ten que compensar aos afectados e que incluso encargou un informe independente á Universidade de Santiago de Compostela que así o ratifica