Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Industria:

03/11/21 | 13:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove en Lugo a construción con madeira para facer fronte ao reto global contra o cambio climático

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe en Lugo nun taller sobre o proxecto transnacional Eguralt para a promoción de materiais naturais procedentes de fontes sostibles e renovables

27/10/21 | 17:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta apoia o proxecto de I+D+i da empresa de Forcarei ABCR Laboratorios para mellorar a sostenibilide de baterías para automoción cunha achega de máis de 200.000 €

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visita as instalacións co CEO da firma, Benigno Janeiro, e coñece a iniciativa, financiada pola Axencia Galega de Innovación no período 2021-2023

27/10/21 | 14:20 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a marca Pino de Galicia contribuirá a xerar valor a través da innovación e a preservar os piñeiros galegos como fonte de riqueza para o medio rural

Conde asegura que este selo de garantía vén de certificar o compromiso do sector forestal coa orixe e trazabilidade da madeira; coa sustentabilidade do monte; e coa calidade do produto

27/10/21 | 13:31 | C. de Economía e Industria

Conde advirte de que sen prezo eléctrico estable e competitivo non hai solución para Alu Ibérica

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asegurou esta mañá, no Parlamento, que se trata dun problema enerxético, e non industrial, xerado pola transición inxusta e desordenada do Goberno

25/10/21 | 17:51

A Xunta xa iniciou contactos con empresas para buscar posible comprador para a fábrica de Viveiro, pero dubida das intencións reais de Vestas e do Goberno do Estado

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, apuntou hoxe, tras a terceira Mesa Industrial de Vestas, que oito empresas localizadas serían viables para Viveiro desde o punto de vista do obxecto social da factoría

25/10/21 | 13:57

Galicia amosa a aposta pola promoción exterior da súa cadea mar-industria na feira italiana Tutto Food

A Consellería do Mar prevé no proxecto de orzamentos de 2022 o investimento de máis de nove millóns de euros, 500.000 euros máis ca este ano, para actuacións relacionadas coa mellora da comercialización dos produtos do mar e coa internacionalización do sector

25/10/21 | 12:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina máis de 15 M€ nos orzamentos de 2022 ao impulso de toda a cadea de valor da industria forestal

Os obxectivos son seguir incentivando a construción en madeira, afondar na ecoinnovación, fomentar a formación e consolidar proxectos de segunda transformación

23/10/21 | 14:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta enxalza as vantaxes da construción naval en madeira como unha opción respectuosa co medio ambiente e totalmente sustentable

A titular de Mar salienta que as carpinterías de ribeira producen barcos cunha mínima pegada de carbono e co 100% dos materiais reciclables, o que os converte nunha boa opción para actividades do sector profesional como a industria auxiliar de acuicultura ou a pesca artesanal

Rosa Quintana agradece o labor da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira para dignificar o oficio e velar pola preservación dunhas técnicas construtivas que forman parte da tradición cultural de Galicia

21/10/21 | 22:14 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo pide á vicepresidenta Ribera reorientar a transición enerxética cara a unha transición xusta, inclusiva e ordenada que dea seguridade aos preto de 15.000 empregos en perigo en Galicia

No tocante a unha transición xusta, propón que do fondo que lle corresponde á Comunidade neste eido, é dicir 111 millóns de euros, Galicia poida ter un 10% adicional na intensidade das axudas, ao igual que as comunidades autónomas cun nivel de renda per cápita inferior