Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

14/04/22 | 12:15

A presentación de candidaturas ás Medallas Pardo Bazán que recoñecen o labor de persoas e entidades a prol da igualdade pode realizarse ata o 12 de maio

Estes galardóns que concede o Goberno galego desde 2019 inciden no papel relevante de persoas e/ou entidade na busca dunha sociedade galega más igualitari

07/04/22 | 17:51

A Xunta salienta en Ourense o impulso autonómico ao emprego feminino con 34,3 millóns de euros para 2022

A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou hoxe na xornada Muller e traballo autónomo cara á igualdade, organizada pola Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE-Galicia)

07/04/22 | 17:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra no CEIP Plurilingüe de Outes unha nova sesión de contacontos sobre galegas referentes

A actividade enmárcase no programa Donas de Si co que a Xunta promove o liderado feminino e a loita contra os estereotipos de xénero nos centros escolares

05/04/22 | 16:35

Máis de mil persoas recibiron no que vai de ano formación gratuíta da Xunta en igualdade laboral

A Xunta celebrou hoxe un novo obradoiro en liña para máis de 300 persoas sobre a formación nas empresas con perspectiva de xénero

01/04/22 | 09:40

A Xunta leva a centros escolares de Vigo e Ponteareas os contacontos ilustrados sobre galegas referentes

Os CEIPS Escultor Acuña de Vigo e o Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas participan hoxe en cadansúas sesións nas que alumnos de infantil e primaria se achegarán ás figuras de Ángela Ruiz Robles e Rosalía de Castro

31/03/22 | 14:33 | C. de Sanidade

O 60% das medidas incluídas no I Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes no Sergas xa están finalizadas ou en proceso de implantación

Así o sinalou no Parlamento de Galicia a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez

31/03/22 | 14:13

Galicia solicita que se modifique a Lei estatal para ampliar o concepto de violencia de xénero a todos os tipos de violencia contra a muller

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Madrid na Conferencia Sectorial de Igualdade na que se acordou co consenso de todas as comunidades e, a petición de Galicia, a creación dun grupo de traballo para dar continuidade ao Pacto de Estado

31/03/22 | 11:19

A Xunta promoverá a inserción laboral de máis de 1.000 mulleres do rural cun novo programa de apoios ao emprego feminino en sectores con demanda

Cun investimento de 2,8 M€ incentivarase o deseño, por parte de concellos de menos de 5.000 habitantes e agrupacións de municipios, de programas integrados de emprego feminino que combinen orientación, formación e asesoramento laboral

30/03/22 | 18:28

A Xunta destaca en Pontevedra que o Plan Emprega Muller está dotado con 34,3 M€ para impulsar a igualdade de oportunidades en Galicia

A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou hoxe na xornada Muller e traballo autónomo cara á igualdade, organizada pola Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE-Galicia)

30/03/22 | 14:02

Centros escolares da Coruña e Abegondo acolleron a actividade de contacontos sobre galegas referentes

Os CEIPS Alborada, Juan Fernández Latorre e María Pita da Coruña, e o CEIP Plurilingüe San Marcos de Abegondo acolleron unha nova sesión de contacontos ilustrados sobre a figura da artista Maruxa Mallo e da oceanógrafa Ángeles Alvariño