Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 307 novas da área temática Goberno galego:

14/05/20 | 19:27 | A Presidencia da Xunta

Feijóo escoita a opinión dos representantes dos partidos sobre a convocatoria electoral tras coñecer os informes sanitarios e xurídicos

O presidente da Xunta tomará unha decisión tras ter escoitado aos partidos e tendo en conta os informes dos expertos sobre a evolución previsible da pandemia

13/05/20 | 17:10 | A Presidencia da Xunta

Feijóo convoca aos partidos políticos para abordar a convocatoria electoral tras coñecer os informes que sitúan o principio do verán como o momento máis seguro

“Acabo de remitir estes informes aos partidos políticos para que poidan avalialos e convócoos a unha reunión mañá para escoitar a súas opinións e reflexións”, avanza

06/05/20 | 14:37 | C. de Sanidade

Sanidade traslada ao Ministerio a proposta para que Galicia pase á Fase I e se flexibilice a mobilidade en todo o territorio

Segundo o conselleiro Vázquez Almuiña, a unidade territorial de actuación sanitaria sobre a que levar a cabo medidas restritivas de mobilidade, de aconsellalo así os indicadores, debe ser aquela que, en cada caso concreto, se demostre como a máis efectiva

30/04/20 | 16:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a necesidade de rectificar o plan de desescalada do Goberno cunha maior participación das comunidades

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu hoxe no Senado na reunión da Comisión Xeral das Comunidades Autónomas, onde pediu unha cooperación entre administracións para reactivar a actividade

29/04/20 | 16:47 | A Presidencia da Xunta

Feijóo pide ao Goberno que non faga oídos xordos ás comunidades para de xeito coordinado e consensuado definir a mellor reactivación social e económica

Incide en que Galicia non pode avalar o plan de desescalada porque “ten serias lagoas de eficacia e utilidade” e “non foi negociado” coas comunidades

27/04/20 | 14:04 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

O comité de expertos económicos de Galicia propón unha vintena de medidas para conter os efectos da crise do coronavirus

As medidas afectan ao conxunto das administracións e teñen como obxectivo facilitar liquidez a través do adiamento de impostos, anticipos bancarios e un aumento dos créditos ás empresas

24/04/20 | 17:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo trasladará ao Goberno novas medidas para empezar a levar a cabo na Comunidade como: a apertura de mercados ao aire libre, a rehabilitación en edificios ou a práctica de deportes individuais

Expón tamén a apertura da actividade en talleres e concesionarios, así como a posibilidade da apertura doutros establecementos comerciais, coas limitacións que sexan precisas, como o límite de aforo ou a cita previa