Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 288 novas da área temática Emigración:

18/02/20 | 13:07 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta e o sector tecnolóxico colaboran para captar talento dixital entre os galegos do exterior

En marzo abrirase a canle Retorna Dixital, dentro do portal Retorna, para facilitar o encontro entre perfís dixitais interesados en voltar á Galicia e empresas TIC

15/02/20 | 14:02 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda traslada á colectividade en Cuba os programas de actuación que teñen a súa disposición

O secretario xeral da Emigración resalta as oportunidades de retorno que ofrecen moitas destas iniciativas

14/02/20 | 16:31 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda reúnese co embaixador de España en Cuba para pór en común o traballo en favor da colectividade por parte da Xunta de Galicia

O secretario xeral da Emigración expón ao máximo representante da diplomacia española no país as actuacións levadas a cabo a favor dos galegos residentes

12/02/20 | 12:57 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda centra a axenda da súa primeira viaxe do ano a Cuba en achegarse á situación da colectividade galega na illa

O secretario xeral da Emigración manterá encontros coas autoridades españolas e galegas no país e cos coordinadores de área que facilitan o desenvolvemento do programa de apoios económicos ás familias galegas no país

11/02/20 | 20:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a oportunidade das Bolsas Mocidade Exterior para que os mozos da diáspora reforcen o vínculo coa Galicia territorial

Traslada o desexo de que as vindeiras convocatorias destas bolsas permitan a un grupo aínda máis numeroso beneficiarse delas

10/02/20 | 13:08 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda salienta o traballo a prol do retorno dos galegos do exterior que está a levar a cabo a Asociación de Retornados Ulla-Umia

O secretario xeral da Emigración mantén un encontro co presidente da entidade, Celso Domínguez Búa, e outros membros da xunta directiva

06/02/20 | 14:29 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; Secretaría Xeral de Emigración

O Celga universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 en liña

O 16 de marzo arrancan os primeiros cursos en liña do Celga 2 que, canda os outros tres niveis de aprendizaxe xa existentes, lle garanten o acceso global á aprendizaxe oficial do galego a calquera cidadán desde calquera parte do mundo

01/02/20 | 10:23 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a extensión do Carné Xove para os mozos da diáspora que poderán beneficiarse das súas vantaxes en Galicia, España e Europa

Precisa que poderán acceder a esta tarxeta os mozos de 12 a 30 anos con nacionalidade española, veciñanza civil galega e que residan fóra de Europa

31/01/20 | 21:35 | A Presidencia da Xunta

Feijóo valora o compromiso da Casa de Galicia en Montevideo para ofrecer máis e mellores recursos sanitarios a todos os galegos do Uruguai adaptados ás necesidades do momento

Agradece que a fraternidade e a solidariedade sigan a ser os piares destes centros, como se pon de manifesto a través dun sistema de mutuas que sigue estando vixente

31/01/20 | 19:24 | Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Feijóo ofrece ao presidente electo de Uruguai o saber facer das empresas galegas en sectores clave para o país como as renovables e as infraestruturas

Recorda que ambos territorios xa están a colaborar en sectores como o enerxético, no que o país uruguaio está a facer unha forte aposta polas enerxías eólica, a fotovoltaica e a biomasa