Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

06/06/22 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un novo investimento de 9M€ en seis obras de mellora en centros educativos da cidade de Lugo

Presenta as rehabilitacións integrais do Paradai e do Ánxel Fole, que suporán un aforro enerxético medio do 40% aproximadamente

05/06/22 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta desenvolverá as oposicións de Educación en 14 localidades de toda Galicia con 222 tribunais

As probas para os corpos de mestres desenvolveranse o sábado 18 de xuño, mentres que para o resto serán o domingo 19

04/06/22 | 11:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para incorporar 25 novos centros públicos ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

O orzamento total elévase a case 1,6 M€ a distribuír entre os colexios e institutos que se sumen e os 729 xa participantes no programa

03/06/22 | 16:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a FP Básica como "unha aposta pola equidade e pola igualdade de oportunidades"

Sinala que estas ensinanzas “xogan un papel fundamental como alternativa ao abandono escolar e como porta de acceso ao mercado laboral”

03/06/22 | 13:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá preto de 162.000 € na reforma da instalación eléctrica do CIFP a Farixa

O delegado territorial explicou que as reformas a realizar na instalación eléctrica existente no CIFP A Farixa é necesaria para adaptala ás necesidades actuais do Centro

02/06/22 | 20:12 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a Universidade como un espazo desde o que se constrúe a Galicia do futuro co esforzo e o talento que representa a mocidade

Asegura que o Goberno galego continuará coa senda de renovación do mapa de titulacións, coa implantación de 25 novos títulos

02/06/22 | 15:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lamenta que a nova Lei de universidades siga sen solucionar os problemas estruturais e poida xerar desigualdades no sistema

O Goberno galego asegura que a última versión do texto que o Goberno Central quere elevar a Consello de Ministros segue sen ter en conta propostas de mellora sobre aspectos como a gobernanza, a financiación, os contratos de traballo e a investigación

02/06/22 | 11:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta clausura no IES Montecelo de Pontevedra as nove competicións do I Campionato Galego de Formación Profesional Básica

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, asistiu á derradeira proba deste certame, na modalidade de Peiteado e Estética, no que tomaron parte 111 alumnos de toda Galicia e que contou con nove disciplinas atendendo aos distintos ciclos formativos

01/06/22 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofertará por primeira vez en Galicia o ciclo de grao medio de pedra natural no instituto Ribeira do Louro do Porriño na modalidade dual

Trátase dun ciclo de Industrias Extractivas, con pouca oferta en España, que permite incorporar dita familia profesional á oferta galega

31/05/22 | 13:32 | C. de Sanidade

Gabriel Alén fixo un chamamento aos escolares e á toda mocidade da provincia para colaborar na loita contra o tabaquismo

O delegado territorial subliñou as actuacións de prevención, promoción o tratamento do tabaquismo, realizadas pola Xunta de Galicia dentro do Programa galego de vida sen tabaco